Redacción . Os cargos do PSdeG toman posicións no blogmillo a poucos meses dos comicios galegos. Internet xogará por vez primeira un papel clave dentro dunha campaña autonómica.
O PSdeG aproveitou o Día de Acción Blog, celebrado o mércores, para presentar en sociedade a Rede Progresista de Galicia. Na iniciativa participan deputados, alcaldes, militantes de base e altos cargos do partido, como o Secretario de Innovación da Executiva do PSdeG, Carlos Pajares, quen lembrou que o primeiro correo electrónico de Galicia foi o seu. Outros dos membros da Rede son Mar Barcón (secretaria de Organización do PSdeG), Blas García (que segundo o partido é autor dun dos blogs políticos máis visitados de España -posto número 37 no Wikio– e secretario Comarcal do PSdeG do Barbanza), Xosé Luís Prieto (o seu blog ocupa o posto número 11 no Wikio), Carlos Pajares (secretario de innovación), Dolores Rodríguez Amoroso (secretaria xeral das Xuventudes Socialias), Xosé Manuel Lage Tuñas (deputado), Iván Puentes (alcalde de Fene) e Eladio Osorio (secretario Xeral Comarcal de Ourense). Mar Barcón dixo que “hoxe é máis necesario que nunca sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de colaborar e promover medidas e actividades para loitar contra a pobreza no mundo. Neste día o Partido Socialista quere reforzar o seu compromiso na loita contra a pobreza. Temos que facer a tecnoloxía a nosa aliada de democracia e de xustiza”. A Secretaria de Organización dos socialistas galegos incidiu na importancia da rede “como medio de comunicación que favorece o intercambio e a participación. O PSdeG-PSOE trata de empregar todas as ferramentas existentes na actualidade no mundo da comunicación e aposta por ter unha gran presenza na rede. A rede é un medio no que numerosos cidadáns buscan información ou envían as súas sugerencias e propostas. Canalizar esa nova forma de relación é unha das apostas da dirección do PsdeG-PSOE”. Esta foi a primeira reunión formal dos integrantes do blogmillo socialista galego. Tamén participaron internautas dende Madrid a través de videoconferencia. Partido 2.0 Cómpre lembrar que no Congreso deste verán, o PSdeG apostou por “implicar aos responsábeis executivos e aos cargos públicos na relación directa cos cidadáns a través de espazos propios na rede”.
Carlos Pajares, ex-reitor da USC. USC
Descargar Tarifas