PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Mañá, ás 11 horas
Organizan unha ruta ante as 'agresións' da variante de Marín e a Brilat

Redacción .  A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra impulsou unha ruta arqueolóxica para revalorizar o patrimonio prehistórico situado nas parroquias de Lourizán, San Xulián e Salcedo, afectado por 'agresións' recentes como a variante de Marín e a franxa de seguridade da Brilat. Con respecto a esta última, a APDR denuncia a destrución dunha mámoa nas obras de recreación dunha aldea afgá.

Reloxo 19.09.2009 | 14:48
TAGS: marín , apdr , defensa , ría , pontevedra , brilat , ruta ,

Obras da recreación dunha aldea afgá na Brilat Obras da recreación dunha aldea afgá na Brilat O espazo arqueolóxico de Sete Camiños conta co apoio da asociación de veciños de San Xulián de Marín, a parroquia de Lourizán, o colectivo veciñal Heroes do Campo da Porta e a comunidade de montes de Salcedo. O obxectivo desta iniciativa é "fortalecer a oferta cultural e turística" da zona e "reivindicar o seu valor para que se conserve", explicou o arqueólogo da APDR, Lukas Santiago.

A primeira ruta coa que se estreará este espazo celebrarase o vindeiro domingo a partir das 11.00 horas, para o que a APDR convoca os veciños de Pontevedra e de Marín para que acudan ás proximidades da Facultade de Belas Artes e da Escola Naval Militar, respectivamente, desde onde se iniciarán os desprazamentos. O itinerario, de dúas horas de duración, permitirá ver "excepcionalmente" os petróglifos do Campo de Tiro, situados en terreo militar da Brilat.

Precisamente, o presidente da comunidade de montes de Salcedo, Fernando Pintos, criticou que, xunto coa Brilat, a existencia da Escola Naval de Marín e a fábrica de Ence supuxo que "a zona desde Lourizán até Vilaboa estea abandonada e sen ningunha expectativa desde o punto de vista urbanístico".

Reclamación

En relación ao conflito que os veciños de Salcedo manteñen co Ministerio de Defensa por mor da franxa de seguridade da Brilat, Pintos explicou que nunha asemblea prevista para o próximo 18 de outubro decidirase sobre a reclamación dos terreos comunais. "O tren está en marcha e temos todas as garantías para sacalo adiante", asegurou Pintos, quen argumenta que "é cuestión de anos".

Pintos cualificou de "monstruosidade" os efectos das obras acometidas no recinto castrense para recrear unha aldea afgá, que provocaron a destrución da mámoa de Louredo. O resultado é, segundo o presidente da comunidade de montes, "unha formigonada que serve de abrigo para os cabalos".

Os comuneiros de Salcedo, que denunciaron o caso ante a Fiscalía, criticaron a actitude da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, que “non lle botou o que lle tiña que botar", afirmou Fernando Pintos, “por permitir que arrasasen o monte". O obxectivo dos comuneiros, se conseguen a reversión dos terreos, é repoboar con especies autóctonas "e que non sexa un eucaliptal cheo de acacias que só traen incendios".

Polígono

Por outra banda, a APDR e a asociación de veciños de San Xulián presentaron sendas alegacións contra a posibilidade de que o concello de Marín constrúa un polígono industrial no Monte Pituco, situado na contorna deste espazo arqueolóxico e contemplado no Plan Xeral de Ordenación Urbana.

O portavoz do colectivo veciñal, Xan Montenegro, expresou a súa "preocupación" e "desacordo" con esta decisión que suporía "unha agresión ambiental" nun monte protexido.

Ademais, da franxa de seguridade da Brilat, a variante de Marín e o proxecto de parque empresarial, o espazo arqueolóxico dos Sete Camiños tamén padeceu a construción dunha liña de alta tensión e unha área recreativa que destruíu un petróglifo que non fora catalogado.

Lukas Santiago apelou á defensa dos recursos patrimoniais, argumentando que "Galiza podería ser un paraíso arqueolóxico". Nesta zona agrúpanse, entre outros, o complexo rupestre de Piñeiral de Caeiro, Regato dos Buracos, Outeiro e Pornedo, os petróglifos de Sete Camiños e mámoas como as de Chan da Lagoa.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río