PUBLICIDADE
Sábado, 22 de novembro de 2008
Unha novela policial galega triunfa en Inglaterra
Ollos de auga, de Domingo Villar, no Times Literary Supplement

Redacción .  As aventuras do detective Leo Caldas entusiasmaron á crítica británica: o número do 30 de maio deste suplemento do Times publica unha crítica moi favorábel desta novela, merecedora do Premio Frei Martín Sarmiento na súa categoría de lectorado de 12 a 14 anos.

Reloxo 05.06.2008 | 18:47

Portada de 'Ollos de auga' Portada de 'Ollos de auga'

A Editorial Galaxia acaba de publicar a quinta edición de Ollos de auga, que foi traducida a seis linguas e non para de acadar éxitos: nesta recensión do Times Literary Supplement, o crítico literario Daniel Jeffreys cualifica ao detective Caldas como "un embaixador da cultura galega" no mundo, e salienta o estilo transparente e a crítica social como unha característica que achega a novela á obra do mestre do xénero negro, o norteamericano Raymond Chandler.

O artigo afirma que Villar consegue ultrapasar os tópicos do xénero policial e ampliar os rexistros da novela negra, e subliña o feito, novidoso para o lectorado inglés, de que a novela se desenvolva en Galiza, contrapoñendo o Atlántico á excesiva presenza do Mediterráneo na literatura traducida en Inglaterra. Co título de Water blue eyes, traducida por Martin Schifino (Arcadia Books), Ollos de auga convértese nunha das obras da narrativa galega que consegue estar entre as selectas novelas europeas traducidas e publicadas en inglés.

  • Aquí podes ler a crítica

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil