PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
Por 'inxurias e calumnias'
O xuíz decano da Coruña denuncia a Carlos Callón, presidente da Mesa

Redacción .  O xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, denunciou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, por 'un delito de calumnias ou inxurias' que a entidade achaca, segundo explica nun comunicado, a 'unha campaña contra o galego' e de 'demonización' da organización.

Reloxo 11.06.2009 | 19:07

Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Paco Vilabarros Así, a Mesa celebrará unha concentración de protesta o 17 de xuño ás 12.00 horas fronte aos xulgados de Santiago de Compostela, á hora na que Callón está citado para comparecer, para mostrar o seu rexeitamento.

A asociación explica que o motivo da denuncia se remonta ás declaracións realizadas por Callón sobre a denuncia que impuxo o propio Fraga Mandián contra un veciño da Coruña, despois de que este solicitase recibir as notificacións en galego e co topónimo oficial –as que recibía utilizaba o topónimo en castelán–.

Segundo a Mesa, durante o xuízo contra o veciño da Coruña, o maxistrado afirmou: "non teño ningún rubor en usar a ilegalidade do topónimo da Coruña".

Ante estas declaracións, Callón considerou que esa afirmación constituiría "unha apoloxía da desobediencia da legalidade, especialmente grave ao tratarse dun maxistrado quen non debería guiarse por ningún outro criterio na súa función pública que non fose o da plena aplicación da lei".

Demonización

Callón criticou que ao maxistrado "parece que só lle valen as leis que lle son útiles" xa que "bota man das que lle permiten denunciar por supostas calumnias" mentres que "fai caso omiso doutras, como as que regulan os topónimos oficiais".

Ademais, recordou que a Audiencia Provincial considerase "nulo" o xuízo entre o cidadán coruñés e o xuíz ante "notorias irregularidades" no proceso, como que "a xuíza que tiña que resolver mantiña con el unha relación de dependencia e de subordinación gobernativa".

Finalmente, lamentou a "campaña ampla de demonización" cara á Mesa que, segundo afirmou, se produciu "nos últimos oito meses", na que enmarcou a denuncia do xuíz decano cara á súa persoa.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río