PUBLICIDADE
Xoves, 11 de marzo de 2010
CRESPO DESTACA O AFORRO
O software libre convence o alcalde de Lalín (PP)

Redacción .  Xosé Crespo, alcalde de Lalín do Partido Popular, é un dos defensores do software libre en Galiza. A súa aposta nace da experiencia, pois este concello está aforrar unha importante cantidade de cartos, uns 60.000 euros, tras instalar programas libres nun cento de computadores de funcionarios.

Reloxo 06.08.2009 | 09:49

Xosé Crespo, alcalde de Lalín Xosé Crespo, alcalde de Lalín. AGN

“A vantaxe principal é que evitamos o pagamento de licenzas, tanto de sistemas operativos como de paquetes integrados. Trátase dun tema de concienciación posto que se estes programas fan o mesmo, para que gastar os cartos en software privativo?”, pregúntase Crespo nunha reportaxe publicada por Mancomun.org, o centro da Xunta a prol destes aplicativos.

O edil conservador, que é un dos políticos galegos cun blog máis actualizado, láiase da falta de información sobre as vantaxes que aporta o software libre a un concello.

“A administración local non está o suficientemente informada ao respecto do software libre. Ademais hai certa confusión coa terminoloxía: software libre, código aberto, que son gratis pero que non o son á vez... Penso que a xente non o ten claro”, destaca o alcalde, quen tamén salienta a importancia dos cursos de formación aos funcionarios para reducir estas reticencias.

Debe a Xunta sumarse a este tipo de esforzos? Crespo responde que “o pago de licencias é un alto desembolso sobre todo para un organismo como a Xunta. Teño constancia de que nalgunhas consellarías xa se está migrando cara a software libre. Haberá que ver os resultados e valoralos”.

Iso si, o político recomenda que “haberá que chegar os cidadáns, primeiro, dun xeito informativo dando a coñecer as vantaxes que supón operar con software libre, fomentando o seu uso e, nun segundo estadio axudando á súa difusión a través das canles oficiais”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río