PUBLICIDADE
Mércores, 08 de outubro de 2008
Catalunya, Baleares, Aragón, Estremadura e Murcia
O PSOE celebra congresos en cinco comunidades

Redacción .  José Luis Rodríguez Zapatero e Xosé Blanco, xunto co presidente do PSOE, Manuel Chaves, a Secretaria de Organización, Leire Pajín, e a secretaria de Relacións Institucionais e Política Autonómica, Mar Moreno, participan esta fin de semana en diversos congresos rexionais do partido en Catalunya, Aragón, Baleares, Estremadura e Murcia.

Reloxo 19.07.2008 | 11:17
TAGS: psoe , congreso ,

Rodríguez Zapatero, presidente do goberno Rodríguez Zapatero, presidente do goberno Xosé Blanco intervén na inauguración do conclave dos socialistas cataláns, que reelixirán a José Montilla como primeiro secretario do partido. O secretario xeral do PSOE, José Luis Rodríguez Zapatero, clausurará mañá o congreso que se celebra esta fin de semana en Barcelona.
 
Tamén o domingo, Chaves participará na sesión de clausura do congreso do PSOE de Aragón e, ese mesmo día, Leire Pajín desprazarase a Palma para intervir no peche do conclave dos socialistas baleares.

Onte xa comezaron os congresos rexionais do PSOE de Estremadura e Murcia, até onde se trasladaron Pajín e Mar Moreno, respectivamente. Mentres esta mañá Leire Pajín diríxese aos asistentes ao congreso do PSOE de Aragón e, pola tarde, clausurará o de Murcia.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil