PUBLICIDADE
Martes, 13 de maio de 2008
'PERTURBAR AS RELACIÓNS CON MADRID'
O PSdeG non se reunirá con Quintana

Redacción .  O voceiro parlamentar dos socialistas galegos Ismael Rego adiantou esta mañá que a súa formación non asistirá a xuntanza promovida polo líder nacionalista Anxo Quintana. O BNG buscaba un acordo unánime dos partidos para que Galiza poida negociar bilateralmente con Madrid, como xa fai Catalunya.

 08.05.2008 | 09:57

O voceiro parlamentar do PSdeG, Ismael Rego
O voceiro parlamentar do PSdeG, Ismael Rego. AGN
Ismael Rego dixo que a proposta do Bloque “pode chegar a perturbar as relacións co goberno de España e de Galiza”. Tamén indicou que o plan do Vicepresidente “non está moi acorde coa realidade”. Con todo, cualificou a súa actitude de “desacordo puntual” en declaracións á Radio Galega.

Pola súa banda, o PP confirmou a súa asistencia a reunión prevista para hoxe xoves, aínda que os conservadores mostráronse contrarios á proposta nacionalista.

Anxo Quintana defendeu onte que Galiza negociase co Estado entre iguais o financiamento autonómico e as próximas transferencias. Os socialistas argumentan que para tal obxectivo cómpre reforma o Estatuto.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264



Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
PDF  Descargar Tarifas


publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil