PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Quere convocar a Deputación Permanente
O PSdeG insiste en coñecer a proposta de financiamento

Redacción .  O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, anunciou que o seu partido pedirá convocar a Deputación Permanente do Parlamento como 'último intento' para coñecer a proposta que a Xunta defenderá en materia de financiamento autonómico tras denunciar o 'ocultismo' do seu presidente, Alberte Núñez Feixóo.

Reloxo 29.06.2009 | 13:49

Manuel Vázquez, en rolda de prensa. AGN En rolda de prensa en Santiago, o líder socialista defendeu a necesidade de coñecer o "posicionamento" do Goberno galego para as reunións que manterá mañá co vicepresidente terceiro, Manuel Chaves, e coa vicepresidenta económica, Helena Salgado, o vindeiro mércores.

Por iso, co obxectivo de "abordar" este extremo e de "definir a proposta concreta" do seu partido, fixou o 10 de xullo como data para a Deputación Permanente, co obxectivo de que o día 15 estea resolta a cuestión. Ademais, confiou en que o PP non bloquee a convocatoria da deputación, posto que, ao seu xuízo, "sería decepcionante".

Deste xeito, o PSdeG súmase á proposta do BNG de manter o mes de xullo como mes hábil na Cámara galega, debido á necesidade de que o Parlamento "estea reunido" ante os procesos de negociación que se están levando a cabo entre o Executivo galego e o estatal.

Pola súa banda, os socialistas insistiron en que Galiza debe aspirar, "como mínimo", a recibir o 7,1 por cento dos fondos estatais, para manter a cantidade que recibe na actualidade. Ademais, mostráronse contrarios a que a repartición se faga en función da poboación, posto que as comunidades nas que esta aumenta "distanciaríanse cada vez máis". "Ten que quedar claro un modelo de suficiencia dinámica", sentenciou Vázquez.

Apoio a Feixóo

"Apoiamos a Feixóo para que defenda con forza a proposta galega, pero non de modo incondicional. Queremos saber que vai defender na nosa representación", incidiu, á vez que censurou que "a proposta segue sendo descoñecida" e "non é xusto". Contrapuxo esta situación coa "doutras comunidades" que, segundo apuntou, "xa teñen definido o que cren que lles toca". "Conseguirase ou non, pero hai que expolo", sostivo.

En todo caso, Manuel Vázquez mantivo a "política de apoio claro a Galiza" e a "vontade de apoio claro a Feixóo" por parte do PSdeG, aínda que reiterou a censura ao seu "ocultismo". "É un erro, porque debe levar o apoio parlamentario de todas as forzas e empéñase en rompelo", reprobou.

Neste punto, entendeu que "se non mostra vontade, será que prefire negociar só que co apoio dos grupos", que xa lograron un consenso para reclamar maior peso á dispersión e o envellecemento poboacional, a orografía e o custo dunha lingua propia. "Terá que dicir que quere defender", concluíu o dirixente socialista.
   

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río