PUBLICIDADE
Sábado, 22 de novembro de 2008
Varela di que os populares están 'deslexitimados' para falar de Fomento
O PSdeG critica que o PPdeG tente resucitar o Plan Galicia

Redacción .  O PSdeG replicoulle hoxe ao PP que o Plan Galicia promovido polo Goberno de José María Aznar ‘non pasou da simple condición de folleto distribuído a través dos xornais’ e asegurou que a política de infraestruturas dos populares ‘foi desequilibrada, fragmentaria e tiña pés de barro’.

Reloxo 19.07.2008 | 18:27

Ricardo Varela, conselleiro de Traballo Ricardo Varela, conselleiro de Traballo. AGN "Nós falamos de realidades, non de plans virtuais", asegura o secretario de Organización dos socialistas galegos, Ricardo Varela, que considerou "unha vergoña" que o PP "trate de resucitar unha e outra vez o Plan Galicia aprobado hai xa cinco anos".

Por iso, considerou que o PPdeG "ten que facer un exercicio de sinceridade, porque quen tratou con desprezo a Galiza foron os gobernos populares". "O PP improvisou o Plan Galicia. Non foi froito da planificación, senón da improvisación deseñada logo da catástrofe do Prestige", recordou, á vez que engadiu "foi unha ocorrencia para ocultar o fracaso da acción daquel goberno".

Críticas a Cascos

Así, para Ricardo Varela o PP "está deslexitimado" para falar de Fomento "porque no seu día premiou coa Medalla de Ouro de Galicia ao antecesor de Magdalena Álvarez, por Francisco Álvarez Cascos, un dos artífices da xestión da catástrofe do Prestige". "É grave que agora non recorden nin valoren o que fixo a deixou de facer Álvarez Cascos en Galiza e en España", agregou.

Con todo, Varela subliñou que desde o cambio de goberno "Galiza recibe o dobre que cos Gobernos de Aznar". "O Plan Galicia do PP chamábase catro por cento do orzamento xeral do Estado. Era un timo para o país", asegurou e lamentou que "de novo Feixóo trate de proxectar unha visión sectaria, esquecendo con impudor a herdanza que deixaron, tanto cando estaban no Executivo central como na Xunta".

Así mesmo, incidiu en que os gobernos do PSOE "están completando as obras que o PP non fixo en Galiza", precisando que durante os oito anos de goberno do PP en Madrid "non se executou nin un só metro da autovía do Cantábrico en Galiza" e "en cambio o Executivo de Zapatero investiu case 400 millóns de euros".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil