PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
E 'pagados por todos os galegos'
O PSdeG condena a revenda dos coches oficiais 'comprados polo PP'

Redacción .  O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, censura que o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, vaia 'malvender' os coches oficiais 'comprados polo PPdeG nun 90 por cento' e 'pagados por todos os galegos'.

Reloxo 29.06.2009 | 14:32
TAGS: Feixóo , Vázquez , coches , libros ,

Manuel Vázquez, líder do PSdeG. AGN Esquerda   1 / 2  Dereita  

"Compráronos eles e vanos regalar eles", lamentou o dirixente socialista en rolda de prensa, á vez que criticou que a Xunta inicie un proceso de venda de 23 vehículos de alta gama que son "patrimonio de todos os galegos" por tratarse "dunha medida demagóxica".

Ademais, entende que esta decisión é "para tratar de ocultar de modo efectista" que "o 90 por cento" dos coches do parque móbil da Xunta foron comprados por anteriores Gobernos do PP. Ademais, lembra que Feixóo dispuña de "dous Audi A8 durante a súa etapa como vicepresidente".

En todo caso, considera "demagóxica" esta medida, xa que os altos cargos da Xunta usan "coches de aluguer" nas súas viaxes; e porque deberán utilizalos tamén sempre que algún deba pasar unha revisión ou se estrague -posto que os conselleiros contarán unicamente cun vehículo á súa disposición-. "Van gastar máis diñeiro", asegura Vázquez.

Libros de texto

Por outra banda, o líder socialista reproba o "ataque frontal" da Xunta ás políticas sociais do bipartito, como a eliminación da gratuidade dos libros de texto, que ao seu entender se están a substituír por "políticas de beneficencia".

"É curioso que a retirada da gratuidade dos libros de texto ao 75 por cento das familias galegas, supostamente en aras da austeridade, estea a encarecendo o sistema", critica, xa que o modelo é "oito millóns de euros máis caro" que o anterior, do que se beneficiaban, mediante préstamo, todas as familias.

Segundo o novo modelo, a Xunta outorgará 180 euros por alumno a familias con rendas de até 5.400 euros anuais por persoa -un 25 por cento das unidades convivenciais galegas- e subvencionará a metade do custo dos libros a aquelas cuxos membros perciban entre 5.400 e 9.000 euros ao ano -un 40 por cento-.

Para o socialista, esta medida constitúe unha "vulneración" dos dereitos de miles de pais galegos e supón o "primeiro gran ataque" ao modelo do anterior Goberno da Xunta. Ademais, enténdea como "a terceira parte" do modelo educativo do PP, tras os "ataques á lingua" e a "segregación" dos alumnos. "Ábrese unha gran brecha entre a xente con máis recursos e os que teñen máis dificultades económicas", censurou Vázquez.

Por todo, asegurou que o PSdeG levará a cabo "unha política activa" contra esta medida a través de "mocións nos plenos dos concellos", posto que, no actual momento de crise, este "recorte de dereitos afecta moitísimo ás familias". De feito, a portavoz do PSdeG, Mar Barcón, anunciou o pasado sábado que proporá mocións para "reclamarlle ao Goberno galego que restitúa a gratuidade nos libros de texto".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río