PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
PROPOSTA DO RELATORIO DO 11º CONGRESO
O PSdeG busca que todos os cargos teñan blog

Manuel Vilas O deputado Xosé Manuel Lage explica como os socialistas galegos queren converterse nun 'partido 2.0' e exemplifica cun caso particular como os políticos poden valerse da rede para estar preto dos cidadáns.

Reloxo 23.07.2008 | 07:02
TAGS: PSdeG , 11 Congreso , Lage , internet , blog ,

Xosé Manuel Lage, deputado do PSdeG Xosé Manuel Lage, deputado do PSdeG “A política 2.0, un reto para o PSdeG”. Este é a cabeceira dun dos apartados do relatorio marco que os socialistas galegos discutirán no seu 11º Congreso, que comeza este sábado en Compostela.

O deputado Xosé Manuel Lage, un dos responsábeis de deseñar a política das novas tecnoloxías dos socialistas, teno claro: “a política do século XXI non se pode entender sen un espazo público na rede”. Por iso no relatorio marco a discutir figura a proposta de “implicar aos responsábeis executivos e aos cargos públicos na relación directa cos cidadáns a través de espazos propios na rede”.

Esta aposta polo blogmillo é, en palabras de Lage, “un intento de rachar co modelo clásico de partido”. O político, un dos máis activos na rede galega co súa bitácora, defende que a rede permite “o contacto directo cos cidadáns” polo que “mellora a calidade da democracia”, dúas ideas que figuran no documento base.

Outro dos seus puntos é a figura do cibermilitante, esbozada xa no Congreso do PSOE a nivel estatal. Lage Tuñas apunta que os socialistas galegos tentarán regular a militancia a través de internet, para o que se discutirán emendas enviadas por varios afiliados.

O intento dos socialistas en converterse nun “partido 2.0” terá a súa primeira aplicación no propio Congreso. No recinto haberá un espazo especial para que os blogueiros se conecten e dean a súa versión do debate. Ademais, o partido lanzará un blog oficial para contar os pormenores da cita na que fixarán a súa estratexia política para os vindeiros anos.


A EXPERIENCIA DE jmlage.net
Como un blog pode ser útil para un político?
“Ter un blog resúltame útil porque, sexan críticas ou propostas, é unha forma de que a xente poida facerche saber se está de acordo ou non co teu traballo”. Asi valora o deputado do PSdG, Xosé Manuel Lage, a experiencia de ser un dos primeiros parlamentarios con bitácora propia e actualizada.
Lage pon un exemplo do eficaz que resulta un blog para os político que aspiran a estar ao tanto dos problemas dos seus votantes. Así, conta como “recibín un mail dun veciño de Escarabote-Boiro no que me contaba  que estaba pendente da entrega dunha vivenda de protección oficial por parte da Consellería de Vivenda e xa se cumpriran os prazos de entrega. Déranlle varias datas de entrega e estaba preocupado porque non tiña resposta”.
 
O deputado explica que “iso fixo que eu puidera coñecer a situación, que puidera interesarme pola mesma a través dunha iniciativa parlamentaria para coñecer as causas que impedían o cumprimento dos prazos de entrega das vivendas de Peralto-Escarabote (Boiro). Tamén falei co Delegado Provincial de Vivenda, un vello coñecido meu, Xoan Bascuas, e tentei que lle deran unha resposta satisfactoria ós veciños que tiñan ese problema”. Para o político este caso “é unha boa mostra de como saber dun problema e poder facer por resolvelo”.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río