Axencias - . O presidente de Agestic, (asociación galega de empresas relacionadas coas novas tecnoloxías), o lucense Xosé María López Bourio, incorporouse á directiva de Asimelec (patronal deste sector a nivel estatal) como parte da fusión entre ambos os organismos. Con este acordo nace a asociación de empresas relacionadas coas tecnoloxías da información máis importante de España.
Asimelec é membro da CEOE e Cepyme, e a través dela as empresas de Galicia do sector TIC, integradas en Agestic, terán representación e poderán defender os seus intereses e proxectos no ámbito nacional. Asimelec componse de 230 asociados directos, tres socios corporativos (Fenitel, Aotep e Interitis) e catro fundacións medioambientais, e representa a máis de 2.000 empresas que dan traballo directo a 300.000 persoas. A súa facturación supón case o 3 por cento do PIB de España. A finalidade de Asimelec é fomentar e apoiar o desenvolvemento das empresas de electrónica e comunicacións en España, mediante a defensa dos seus asociados e o desenvolvemento do sector, tarefa que en Galicia levará a cabo Agestic. As comisións de traballo de Asimelec colaboran activamente coa Administración en temas como medio ambiente, Internet, informatización, calidade e formación. O presidente de Agestic, Xosé María López Bourio, formará parte da directiva de Asimelec e das comisións da internet, informatización e formación, representando ás empresas galegas do sector TIC.
O presidente de Agestic, José María López Bourio,
Asimelec é a Asociación Multisectorial de Empresas Españolas de Electrónica e Comunicacións, constituída en 1984, converténdose na única asociación do sector electrónico español que agrupa a fabricantes, comercializadores, distribuidores e, no caso do sector de telecomunicacións, a instaladores.