PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
DEFENDE A LABOR DE SUÁREZ CANAL
O presidente da Xunta desvincula a protesta agraria da política

Manuel Vilas O presidente da Xunta descartou que as protestas dos gandeiros do leite teñan motivacións políticaS, como apunta o delegado da Consellería de Medio Rural en Lugo, en declaracións a A Nosa Terra Diario. Emilio Pérez Touriño argumenta que os produtores teñen motivos obxectivos para mobilizarse e fai un chamamento ao diálogo.

Reloxo 24.04.2008 | 13:57
TAGS: leite , agro , gandeiros , ,

Touriño e Quintana no Consello da Xunta Touriño e Quintana no Consello da Xunta O mandatario fixo hoxe unha “unha condena sen paliativos” dos incidentes ocorridos tras a manifestación organizada por Unións Agrarias en Lugo. En todo caso, Touriño apuntou que os incidentes “probabelmente non son imputábeis ás organizacións convocantes”.

O papel de Unións Agrarias

Sobre as supostas motivacións de Unións Agrarias, sindicato vinculado aos socialistas, de mobilizar o sector contra a Consellaría de Medio Rural, nas mans do BNG, Touriño dixo que o conselleiro Alfredo Súarez Canal non lle transmitira tal queixa.

Cómpre lembrar que o delegado de Medio Rural, Emilio López, declarou, en referencias a protesta de Unións Agrarias, que “cada vez que se pretende tomar medidas para acadar estabilidade para o sector, forzas estatais tentan impedir que os sectores produtivos galegos se dimensionen para competir”. Touriño considera, polo contrario, que “entrar en análises políticos neste tema é máis mediático que real”.

O líder dos socialistas galegos defendeu a labor de Medio Rural, de quen dixo que está a mediar “con toda a intensidade posíbel”. Ademais na rolda de prensa posterior ao Consello de Goberno aclarou que a Xunta aposta por uns acordos de prezos estábeis do leite que lle mercan as industrias aos gandeiros, que é precisamente unha das reivindicacións da mobilización.

Unidade sindical polo de agora

A protestas do sector leiteiro están a ser protagonizadas polo Sindicato Labrego Galego, de ideoloxía nacionalista, Unións Agrarias e Xóvenes Agricultores, próximos ao PP. Todas as protestas foron unitarias, menos a última realizada fronte a Leite Río en Lugo. En todo caso a unidade de acción sindical mantense nunha nova manifestación en Santiago a próxima semana.

Motivos das protestas

As tres organizacións falan dunha “baixada unilateral” de até 6 céntimos por litro por parte das industrias. Trátase dunha caída dun 13%, pois o prezo medio actual rolda os 0,45 por litro.

Máis de 60.000 explotacións gandeiras desapareceron no país dende 1993. Na actualidade unicamente sobreviven 14.000 granxas leiteiras.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil