PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Os populares perden o apoio do mundo rural
O PPdeG gaña en Galiza pero cun escano e case tres puntos menos

Xurxo Salgado O PSdeG é o partido que máis crece en porcentaxe de votos e o BNG mantén os dous deputados con máis dun 12% dos votos.

Reloxo 10.03.2008 | 00:50
TAGS: 9M , escrutinio , Galiza ,

O PPdeG mantén o poder na comunidade pero perde case tres puntos e queda co 44,5 % dos votos, unha porcentaxe que recibe o PSdeG, case dous puntos e medio, para situarse con máis do 39,5% dos sufraxios. O Bloque mantén os dous parlamentarios que tiña hai catro anos e sobe máis de medio punto.

Con máis do 99% dos votos escrutados nas catro provincias, o PP obtería 11 escanos, o PSOE, 10 e o Bloque dous. Os populares gañarían en número de votos nas catro provincias galegas, e conseguirían catro deputados na Coruña, dous en Lugo e Ourense e tres en Pontevedra. O PSOE sacaría tres na Coruña, dous en Ourense e Lugo e tres en Pontevedra. O BNG conservaría o escano da Coruña e de Pontevedra.

Os populares baixan no rural


Estes comicios amosan que o PPdeG comeza a perder o seu principal berce de votos; o mundo rural. Os populares perden máis de sete puntos en Ourense e catro en Ourense, aínda que nestas provincias están por riba da media que obteñen en toda Galiza. En Pontevedra ceden menos de dous puntos e na Coruña pouco máis dun.

Os socialistas experimentan o seu maior crecemento en Ourense e pasan do 31,10% dos votos a máis do 37,6%. Uns resultados cos que conseguen arrebatarlle un escano ao PPdeG. En Lugo e en Pontevedra soben dous puntos e na Coruña un.

Lugo é a provincia na que máis crece o Bloque ao pasar dun 10, 15% a case un 11,50% de porcentaxe de votos. En Ourense e na Coruña sobe sete décimas e en Pontevedra, tres.

Todos contentos

Uns resultados que deixan contentas a todos as formacións e que non aclaran o panorama político galego de cara as vindeiras autonómicas. Alberto Núñez Feijóo destaca que o PPdeG “gañou” as eleccións en Galiza, “a pesar de estar na oposición” e subliñou que, aínda que baixaron case tres puntos con respecto a hai catro anos, subiron en porcentaxe –do 39 ao 44%-- en comparación coas municipais.

Unha óptica ben diferente a dos socios do bipartito que destacan que o gran derrotado do día é Mariano Rajoy e o Partido Popular. Para Touriño, o PSdeG é o “gran vencedor” desta xornada xa que en catro anos reduciu a vantaxe do PPdeG “de dez puntos a menos da metade”. Pola contra, Quintana, destaca a “fortaleza” do BNG nun panorama político abocado ao bipartidismo e asegura que os dous escanos do Bloque “serán decisivos” en Madrid.

Deputados

Deste xeito, por Coruña, acudirán ao Congreso o nacionalista Francisco Jorquera, os populares Antonio Erias, Gerardo Conde Roa, Arsenio Fernández de Mesa e Belén Docampo, e os socialistas César Antonio Molina, Carmen Marón, e Ceferino Díaz.

Por Lugo, serán os socialistas Xosé Blanco e Margarida Pérez e os populares,. Raquel Arias e Joaquín Díez. En Ourense, Elena Espinosa e Alberte Fidalgo polo PSOE e Celso Delgado e mais Xesús Vázquez polo Partido Popular. Finalmente, en Pontevedra, repetirá a nacionalista Olaia Fernández Davila, os socialistas Antón Louro, Marta Estrada e Domingo Tabuyo e os populares Ana Pastor, Nava Castro e Javier Guerra.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río