PUBLICIDADE
Martes, 16 de marzo de 2010
feira do libro internacional
O PP busca 'in situ' as facturas da Habana

M. V López-Chaves escenifica ás portas da Xunta a súa busca das contas de Anxela Bugallo, de quen di que ten 'moito que ocultar'. Cultura retruca que se trata dunha 'estratexia mediática'.

Reloxo 02.04.2008 | 12:42

Unha ducia de medios filmaron a López-Chaves nas portas de Cultura Unha ducia de medios filmaron a López-Chaves nas portas de Cultura. M.V. Esquerda   1 / 2  Dereita   O voceiro de Cultura do PP, Ignacio López-Chaves, acudiu esta mañá ás oficinas da Consellería de Cultura na busca de facturas de varias areas deste departamento. O conservador acusa á conselleira Ánxela Bugallo de “irregularidades na contratación” na Feira Internacional do Libro da Habana, no programa a A Cultura Circula e na xestión dos museos.

Ao final dunha inusual escena que incluíu a –Lopez-Chaves posando ante unha ducia de medios no recibidor do departamento–, fontes de Cultura negaron as acusacións e argumentaron que todo se debía a unha “estratexia mediática” dos populares.

Néganlle os datos por motivos formais

López Chaves di que leva dous anos reclamando sen éxito a través do Parlamento datos sobre a xestión de Bugallo, de quen di que “ten moito que ocultar”. Por iso presentou esta mañá unha petición formal no Rexistro da Consellería, que lle negou os datos que demandaba aducindo motivos formais.

Sobre o caso particular da Feira da Habana, o deputado conservador argumenta que Cultura esgotou o prazo legal, que é dun mes, para enviar as facturas dos viaxes de avión e dos hoteis ao parlamento. Polo contrario, dende a Xunta asegúrase que aínda están en prazo para remitilas á Cámara.

Dous anos de peticións

O deputado mostrouse moi duro coa “falta de transparencia” na xestión da Conselleira. Acusou a Bugallo de ”obstruír o funcionamento do Parlamento” e facer uso de un “carácter autoritario”.O PP asegura dispor de documentos que, segundo a súa versión, proban que solicitou información ata en tres ocasións e hai máis de dous anos sobre a xestión contábel deste departamento.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río