PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
O equipo agradeceu o apoio
O Pío XII de Santiago, recibido na Xunta

Redacción .  Os representantes do Pío XII foron recibidos pola directora xeral para o Deporte, Marta Souto, despois dunha boa campaña que non puideron pechar co ascenso á máxima categoría do baloncesto feminino estatal.

Reloxo 13.05.2008 | 16:20

O Pío XII, na Dirección Xeral para o Deporte. O Pío XII, na Dirección Xeral para o Deporte. . DXD

O club Pío XII agradeceu hoxe o apoio da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia durante toda a tempada e de forma especial na fase de ascenso á Liga Feminina. O presidente do Pío, Pedro Caldas, acudiu á cita coa directora xeral acompañado polo adestrador e as xogadoras Ana Román e Isabel Suárez. O máximo mandatario da entidade santiaguesa entregou unha placa a Marta Souto en agradecemento polo apoio constante da Dirección Xeral para o Deporte, “tanto durante a tempada como na fase de ascenso”. Pedro explicou que a maior parte das integrantes do plantel son galegas (sete de once) e ademais están traballando con esmero na base.

Pola súa parte, Marta Souto animounos a seguir nesa mesma liña de traballo e destacou que “Galiza dende sempre foi un referente no baloncesto feminino temos que volver a conseguir encher os pavillóns”. O Pío XII quedou a un partido de ascender á máxima categoría estatal, no que xa están Celta Vigourban e Extrugasa de Vilagarcía, que se clasificou de novo para competicións europeas.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil