PUBLICIDADE
Luns, 12 de maio de 2008
A industria manufectureira, motor de crecemento económico
O PIB galego subiu un 4% no 2007

Europa Press Galiza sitúase como a terceira autonomía con meirande crecemento do PIB, co 4 por cento. Aragón foi a comunidade con maior suba, cun 4,5 por cento. A media estatal situouse no 3,8 por cento.

 26.03.2008 | 13:20

Galicia sitúase como a terceira comunidade, xunto con La Rioja, con maior crecemento do PIB en 2007, cun 4 por cento, destacando a evolución da industria manufectureira como principal motor de crecemento da comunidade, cun 4,3 por cento.
Segundo recolle a estatística de Contabilidade Autonómica que elabora o INE, ademais da industria, destacou en Galicia o dinamismo na rama dos servizos, cunha suba do 4,5 por cento, especialmente naqueles ligados ao transporte e ás comunicacións e, en menor medida, ao comercio.
Pola súa banda, Aragón liderou o crecemento da economía durante o pasado exercicio, cun incremento do 4,5 por cento do PIB, sete décimas por enriba da media estatal (3,8 por cento), seguida de Castilla-La Mancha, con 4,2 por cento de suba.
Así mesmo, comunidades como Extremadura, o País Vasco, Ceuta, Madrid e Cantabria rexistraron incrementos do PIB por enriba da media nacional, ao situarse no 3,9 por cento.
Pola contra, as comunidades que experimentaron un menor dinamismo na súa actividade económica durante o 2007 foron o Principado de Asturias (+3,6 por cento), a Comunidat Valenciana (+3,7 por cento), Cataluña (+3,7 por cento), Melilla (+3,7 por cento), e Castilla y León (+3,7 por cento). No entanto, todas elas creceron moi por enriba da media europea, que se situou no 2,9 por cento no pasado exercicio.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264



Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
PDF  Descargar Tarifas


publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil