Axencias - . Os internautas que descarguen música ilegalmente poderían ser identificados e, tras ser avisados, ficar sen aceso á internet, segundo un polémico informe aprobado o luns en na Eurocámara de Estrasburgo.
Pleno do Parlamento Europeo
O Parlamento Europeo (PE) aposta porque os operadores de telecomunicacións contacten cos usuarios cando cometan actos ilícitos en internet, como a descarga de películas ou música con dereitos de autor, segundo un informe aprobado o luns na comisión de Mercado Interior e Protección do Consumidor da Eurocámara.
Isto abre a porta a que máis gobernos, como xa fan o Reino Unido e Francia, poidan autorizar algún tipo de ente para controlar as descargas p2p dos usuarios. Unha vez detectada a presunta infracción, as operadores teñen a facultade de, tras enviar un aviso, deixar ao internauta sen rede.
O texto aprobado forma parte do chamado paquete de telecomunicacións, no que se inclúen varias directivas europeas sobre o uso e a xestión dos servizos electrónicos.
Entre as emendas aprobadas na votación figura unha que di que os organismos reguladores deben "obrigar" aos operadores a distribuír información aos seus actuais ou novos clientes "cando sexa apropiado".
Entre os supostos que menciona o informe figura a práctica de "actividades ilegais ou a diseminación de contido daniño, en particular cando pode prexudicar o respecto polos dereitos e liberdades doutros, incluíndo o incumprimento do copyright e dereitos similares".
Nova votación tras o verán
Algúns países como Estados Unidos ou Francia empregan xa un sistema de avisos como elemento disuasorio contra a piratería en Internet.
O informe aprobado esta noite polos eurodiputados, que debe ser ratificado polo pleno tras o receso estival, foi duramente criticado por asociacións de usuarios, que consideran que as medidas contra o intercambio de arquivos ameazan a neutralidade da Rede.