PUBLICIDADE
Domingo, 18 de maio de 2008
O oficio de escribir
 04.04.2008 | 12:26

Sempre me pareceu unha parvada ese discurso, tan frecuente entre os escritores de todas as épocas, de que a escrita é un acto terrible, que sacar adiante o labor literario é unha cousa dolorosa e agónica, chea de angurias e ansias suicidas. Supoño que queda ben largar ese tipo de frases, sobre todo cun cubata na man, cando se vai de bares e un ten a sorte de dar con alguén inxenuo e infantil e, xa que logo, con alguén doado de impresionar. Mais teño para min que tanta dor e tanta miseria debe de ser mentira porque se non, non se entendería que tantos e tantos ao longo da historia ocupemos as nosas horas ( e polo xeral, no tempo de lecer, entendendo por iso o tempo de non traballar ) nunha actividade que, segundo ese discurso malditista oficial, resulta case que peor cá morte.

Eu, que son escritor, e que imparto Obradoiros Literarios por aí diante, sempre digo o mesmo: escribir é un pracer, é un dos mellores instantes dos meus días, cando abro esa novela que estou a escribir e que está aí, medrando na incubadora do meu PC. Falo cos personaxes, atácame de súpeto unha metáfora, sorpréndome, e dou grazas, diante desa asociación semántica que veño de anotar e que non sei moi ben de onde saíu.

Sinto dicir isto, sobre todo polos aspirantes a poetas e traballadores da palabra que esperaban, dedicándose a isto, engadir á súa biografía un toque exótico ou atormentado. Escribir é caralludo.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
 
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264



Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
PDF  Descargar Tarifas


publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil