PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Videocreación
O Mívico premia a Álvaro León, Xavier Daura e Esteban Navarro e Jairo Boisier

Redacción .  Na terceira edición da Mostra Internacional de Videocreación do Condado (Mívico) resultaron premiados Álvaro León, Xavier Daura e Esteban Navarro e Jairo Boisier.

Reloxo 05.10.2009 | 10:36

Xavier Daura e Esteban Navarro Xavier Daura e Esteban Navarro. Mívico A Nena que tiña unha soa orella do director venezolano Álvaro León e que conta na produción co galego Rubén Coca, resultou a gañadora no apartado de videocreación. A obra, realizada con distintas técnicas de animación, é unha adaptación do conto La fantástica niña pequeña y la cigüeña pedigueña de Lucía Etxebarría.

O premio ao mellor documental recaeu na obra Llamadme Claudia dos directores Xavier Daura e Esteban Navarro. Estes dous directores barceloneses forman o grupo cómico Venga Monjas. O “humor absurdo” deste grupo reflíctese neste falso documentario onde se nos presenta a vida de Claudia.

Finalmente, Vestido do director chileno Jairo Boisier resultou o gañador no apartado da curtametraxe. Vestido é unha historia de corte minimalista e narrada dende unha visión moi intimista. Como contou o seu director nun vídeo enviado dende Chile “o vídeo narra a historia de dúas persoas moi diferentes que teñen un encontro bastante improbábel”.

“Un éxito”

Esta terceira edición foi valorada dende a organización do Mívico como “un éxito en canto a participación e desenrolo do festival”. Exemplo disto foi o interese demostrado polos directores que participaron na programación do Mivico09, presentes nas tres xornadas do festival, compartindo espazos e experiencia co público e con outros artistas.

Segundo a organización, o aumento de público percibiuse nas actividades paralelas realizadas na noite do venres e sábado e no mediodía do sábado, onde o os espectadores puideron gozar de diferentes propostas musicais.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río