PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
DINAHOSTING MEDRA UN 24% EN PLENA CRISE
O milagre da firma galega de dominios

Manuel Vilas 'A nosa señora da subvención non garante lograr un dominio' dille ao Puntogal a única empresa do país certificada polo ente que goberna a rede para rexistrar dominios na Internet.

Reloxo 05.02.2010 | 10:05
TAGS: dinahosting , internet ,

Traballadores nas oficinas de Dinahosting Traballadores nas oficinas de Dinahosting. M. Vilas

En plena crise, as cifras de Dinahosting son únicas. Factura 4,6 millóns, o último ano gañou un 24 por cento máis e contratou 14 técnicos até sumar 62 asalariados. Todo logrado con capital 100% do país, sen subvencións e sen a axuda de ningún gran inversor.

Apalpador e atención as linguas minorizadas

A entrada a súa sede (decorada ao estilo Google e con contedores de mercadorías acondicionados como oficinas) está presidida por unha enorme figura do Apalpador, o Santa Claus galego. E é que a atención ao cliente, tamén na lingua, é clave no seu éxito.

Se busca onde colgar a súa web, Dinahosting non é a opción máis barata, pero si un dos ISP máis fiábeis. Cando chame cun problema non o atenderá un contestador. En Santiago hai técnicos as 24 horas que falan galego, catalán, castelán, inglés, portugués e, dende este inverno, vasco. “Falar a lingua do cliente é o primeiro paso para que se sinta próximo a nós, e iso é fundamental”, explica Paulo Rodríguez, responsábel de comunicación.

Puntogal

Ademais de espazo na rede, Dinahosting vende dominios para páxinas web. É o único rexistrador galego entre a ducia que en todo o Estado acreditou a ICANN, o ente que goberna Internet e autoriza os dominios.

Isto fará de Dinahosting un dos maiores beneficiados cando a ICANN aprobe o “.gal”, o dominio da cultura galega. Porén, a empresa marca distancias coa Asociación Puntogal, que leva catro anos preparándose para a convocatoria da ICANN.

“Aínda que apoiamos a proposta de Puntogal e somos un dos primeiros interesados en logralo” --explica Rodríguez-- “pero este é un tema que hai tratar con pragmatismo; pois nin o ímpeto identitario nin encomendarnos a nosa señora da subvención garante lograr e manter un dominio para o espacio, social, cultural e económico de Galiza”.

Dinahosting fai bandeira de nunca ter tirado de subvencións e gustaríalle que en o futuro dominio galego fose máis activo no mundo social e dos negocios, que na súa opinión constitúen a única vía para que o futuro dominio sexa rendíbel e, polo tanto, perdure no tempo.

Un mercado global, non galego

O pragmatismo de Dinahosting está influenciado polo seu mercado global. Di ter 47 .000 clientes en 74 países. Galiza representa unha parte moi pequena da súa facturación, moito menos que, por exemplo, Euskadi.

Non por iso a empresa desvincúlase do mercado galego. Por exemplo, lanzou unha campaña de Nadal baseada no Apalpador, insiste en que cómpre que a banda larga chegue xa ao rurubano para que todos poidan acceder a servizos básicos mediante, por exemplo, o aproveitamento das radiofrecuencias libres, demanda que tamén defende a operadora galega R.

O capital da firma está dividido dende 2004 entre tres dos socios fundadores; Rubén Bouso, Elisa Couto e Raúl Marinho. Súas son algunhas das fotos que decoran unha gran area de lecer para empregados; butacóns, ping pong e scalextric incluídos.

Resistirá a concentración do mercado?

Son bos tempos para Dinahosting. En 2009 tivo que duplicar case os servidores que posúe en Madrid. En catro anos case triplicou a facturación. Tampouco hai nubarróns a medio prazo. A especulación segue a aumentar o rexistro de nomes de dominio en internet, moitos dos cales mércanse pero non se explotan. Dinahosting dá servizo a 110.000 identificadores e a 37.000 plans de aloxamento nunha Internet que florece con novas formas de publicación.

Con todo, a empresa galega ten un desafío moi complicado a longo prazo. Os grandes operadores mírana con cobiza, non só pola súa rendibilidade senón porque canto máis clientes teña un ISP máis barato pode vender o aloxamento. Algúns incluso venden por debaixo custe para ampliar a base de pagadores. Coa boca pequena Rodríguez admite que en Dinahosting xa se recibiron algunhas ofertas de compra.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río