PUBLICIDADE
Xoves, 28 de agosto de 2008
Festival Manguelo en Orazo
O mellor da música tradicional e emerxente na Estrada

Redacción .  Os vindeiros 23 e 24 de maio Orazo volve ter unha cita coa mellor música folk coa posta en marcha do Festival Manguelo folk. Actuarán Quempallou, Mutenrohi, Lume e Xuntanza dos regatos. Por segundo ano consecutivo o festival desdóbrase para dar cabida as músicas emerxente no que se deu en chamar Manguelo Mestizo e que contará no cartel con The Homens, Som do Galpón e Banda Potemkin.

Reloxo 14.05.2008 | 13:40

O grupo Mutenrohi O grupo Mutenrohi

A asociación cultural Coto Manguelo é a encargada de organizar a quinta edición de Manguelo Folk, unha cita anual que leva a o mellor da música folk e dos son emerxentes a Orazo, unha das parroquias do concello da Estrada.

O festival comezará o 23 de maio co concerto de Som do Galpón, unha banda nacida en 2005 que fai da fusión do funky, o reagge e o rap o seu sinal de identidade, os popeiros The homens e a Banda Potemkin.

Xa o sábado 24, o protagonista será o folk e a tradición. O cartel, que intenta cubrir todas as tendencias dentro do xénero, está composto por Quempallou, Lume, Mutenrohi e Xuntanza dos regatos. Tamén participarán as pandereteiras de Lilaila, Malabaranda, A. F. Andarela, os Ke Hai e A. F. Xirandola.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil