PUBLICIDADE
Luns, 06 de setembro de 2010
Celebrarase entre o 2 e o 17 de xullo en Ferrol
O Mediterráneo occidental, protagonista do Ciclo de Músicas Portuarias

Redacción .  Acentral Folque (Centro Galego de Música Popular) e o Concello de Ferrol organizan entre o 2 e o 17 de xullo o III Ciclo de Músicas Portuarias, centrado na vertente musical da cultura mariñeira. Nesta edición os concertos estarán adicados ao Mediterráneo.

Reloxo 29.06.2010 | 10:44

Concertos en teatro, contos, circuíto de cantos tabernarios e paseos musicais en barco consolidan esta cita no calendario estival galego, que este ano terá lugar na cidade de Ferrol entre o 2 e o 17 de xullo.

O III Ciclo de Músicas Portuarias estará adicado ao Mediterráneo occidental e contará coa participación de Mara Arnada e Artaica, de Valencia, e Franca Masu, de Sardeña. A conexión galega co mundo estará representada nesta ocasión por Aló Irmao!, dúo formado polo galego Narf e Manecas Costa, de Guinea Bissau, que presentarán o seu disco Aló irmao! no Teatro Jofre.

Ademais destes concertos, o ciclo conta cun apartado de contos mariñeiros con Quico Cadaval e Cándido Pazó; Paseos musicais en barco, con Antón Varerla e Raquel Fontes, Os Xotas e Comisa Bal, e un circuíto de cantos de taberna co fin de recuperar a cultura musical mariñeira e a súa posta en valor e actualización.


Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río