PUBLICIDADE
Luns, 15 de marzo de 2010
Nunha marcha na Coruña
O Mago Antón fará 'desaparecer' a simboloxía franquista

Redacción .  O Mago Antón utilizará a maxia para facer 'desaparecer' a aínda presente simboloxía franquista da cidade da Coruña na terceira edición do chamado 'Roteiro da Vergoña' que organiza a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e terá lugar o vindeiro sábado.

Reloxo 30.06.2008 | 16:39

Estatua de Millán Astray na Coruña, retirada o 22 de xaneiro do 2010 Estatua de Millán Astray na Coruña, retirada o 22 de xaneiro do 2010

O vindeiro sábado, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña celebra a terceira edición do chamado 'Roteiro da Vergoña' no que percorren a aínda ampla simboloxía franquista que sobrevive na cidade. Nesta edición, a novidade estará na participación do Mago Antón, que mediante a maxia fará desaparecer os símbolos da ditadura durantes uns minutos.

Segundo a CRMH: "Despois de que o tema da simboloxía franquista fose tratado polo Pleno de corporación municipal da Coruña en 26 ocasións; despois de que PSOE e PP rexeitaran conxuntamente en numerosas ocasións revogar os acordos que declaraban ao Ditador Franco como Alcalde Honorario, Fillo Adoptivo e Predilectísimo da Coruña; despois de que pasasen 27 anos desde a aprobación dunha lei sobre o escudo constitucional e que continúe o escudo franquista na entrada principal do palacio municipal de María Pita; despois de que o Alcalde se negue á desaparición inmediata da estatua de Millán Astray e siga empeñado na súa exhibición pública nun museo; despois de enviar unha carta en xaneiro de 2008 ao Alcalde da Coruña para que aplique a Lei da Memoria Histórica e retire toda a simboloxía franquista –non unha parte- dunha forma pública e digna, é dicir, por acordo do Pleno da corporación, a Comisión pola Recuperación da memoria Histórica da Coruña decidiu recorrer á maxia para conseguir os seus obxectivos e contará coa colaboración do Mago Antón para suprimir toda a simboloxía franquista da Coruña".

Nos últimos días, o alcalde da Coruña retirou algúns símbolos franquistas e dixo que se faría cumprir a lei de memoría histórica, mais por agora eses pasos foron apenas perceptibles.

 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río