PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Malia todo Galiza segue a estar entre as comunidades á cola neste baremo
O índice de lectura subiu en 2009

Redacción .  Segundo os datos publicados pola Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) o índice de lectura medrou lixeiramente en 2009 ata situarse no 54,9 por cento. A pesar desta cifra positiva Galiza segue a ocupar os últimos postos neste índice no que a media estatal está en 55,1 por cento.

Reloxo 09.02.2010 | 10:49

Unha rapaza lendo en Santiago Unha rapaza lendo en Santiago. Otto/AGN

Se no ano 2008 o índice de lectura foi de 52,4 por cento, cun crecemento de 1,2 puntos, en 2009 a tendencia positiva continuou situando o índice lector no 54,9 por cento.

As cifras positivas tamén se trasladan a un aumento por segundo ano consecutivo do peso da lectura en galego a nivel do Estado. En 2009 foi do 0,5  por cento, fronte ao 0,4 por cento no 2008, e o 0,3 por cento no 2007.

Malia estas cifras, Galiza segue a estar situada á cola cun dos menores índices de lectura do Estado, cuxa media está en 55,1 por cento. Madrid é a comunidade cun maior índice lector, co 64,4 por cento e supera en case dez puntos a media estatal.

Outro dos datos positivos deste estudo é o aumento, por segundo ano consecutivo, do peso da lectura en galego a nivel do Estado, que no 2009 foi do 0,5 por cento fronte ao 0,4 do ano 2008 e o 0,3 por cento do 2007.

A Galiza, co 54,9  por cento, acompáñana baixo da táboa Extremadura (49,4 por cento), Castela-A Mancha (50,5%), Andalucía (50,2%), Asturias (52,9%), Murcia (54,3%), Comunidade Valenciana (54,6%) e Castela e León (55,0%).
Ademais de Madrid, oito comuniades teñen índices de lectura por riba da media española: A Rioxa (58,4%), Aragón (58,3%), Cantabria (57,8%), Navarra (57,7%), Canarias (56,9%), Comunidade Autónoma Vasca (56,8%), Cataluña (55,6%) e Baleares (55,3%).

 Por Comunidades Autónomas, en Cataluña o 22,1% dos lectores le habitualmente en catalán e o 12,4% en Baleares; en Galiza o 7,4% dos lectores le en galego habitualmente. En Euskadi, o 4,3% ten o euskera como idioma habitual de lectura e na Comunidade Valenciana o 1,2% le en valenciano.

Perfil do lector

O Barómetro pon de releve que son maioría as mulleres lectoras (58,4 por cento) fronte aos homes (51,3 por cento), e que a taxa de lectura baixa segundo aumenta a idade, sendo o grupo de poboación de mozos entre 14 e 34 anos /70,5  por cento) e o dos nenos entre 10 e 13 anos (91,2  por cento) os que máis len.

O índice baixa entre os maiores de 65 anos até o 29,8 por cento, franxa de idade na que os homes lectores supera ás mulleres.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río