Redacción . Tanto o Huesca como o Celta non destacaron no partido deste domingo por ofrecer un gran fútbol. Os dous conxuntos, empatados na táboa clasificatoria da Segunda División a 24 puntos, seguirán unha semana máis nos postos de descenso. O Celta recibiu o punto grazas a un gol en propia meta do xogador oscense Corona. Os locais empataron o partido cun tanto marcado por Camacho.
Malia que o Celta prometía volver a ofrecer un gran encontro despois do papelón que fixo no Vicente Calderón o pasado xoves ante o Atlético de Madrid no partido de ida da Copa do Rei, hoxe non tivo estrela. O equipo que dirixe Eusebio Sancristán nin siquera marcou o gol que lles deu o punto. Un erro defensivo por parte do conxunto local en propia meta deulles o tanto aos celestes da man de Corona, ao final dunha primeira parte onde o único que sobresaltou ao público foron os dous únicos tantos do encontro. Foi Camacho, das filas azulgranas, o que empatou o partido no minuto 38 da primeira parte. Na segunda parte, a pesar de que as dúas formacións quixeron dar maior ritmo e xogo ao partido non o conseguiron ate case o final do partido, creando un par de ocasións nas áreas contrarias. Celta e Huesca non souberon aproveitar unha ocasión se sumar puntos para saír dunha perigosa zona na clasificación da Segunda División que pode levar a ambas formacións á zona de descenso.
Roberto Trashorras.
SD Huesca: Doblas; Robert, Corona, Dorado, Juanma; Helguera, Sastre (Sorribas,81’); Gallardo (Iriome, 69’), Camacho, Rico (Vegar, 77’) ; e Rubiato.
Celta: Falcón; Toni, Catalá, Jordi, Hugo Mallo, Lopez Garai, Saulo (Trashorras, 62’), Bustos, Vasco Fernandes (Lago, 46’), Danilo (Botelho, 79’) y Joselu.
Goles: 0-1: Corona, 33’ (en propia porta). 1-1: Camacho, 38’.
Árbitro: Melero López. Expulsou no minuto 37 ao adrestrador do Huesca, Antonio Calderón, e no minuto 87 ao segundo adestrador, Jesús Paredes.
Incidencias 3.000 espectadores no estado de El Alcoraz.
Descargar Tarifas