PUBLICIDADE
Xoves, 28 de agosto de 2008
Negociacións en Doha (Quatar)
O Goberno do Líbano e Hezbollah acordan pór fin á crise

Redacción .  A maioría gobernamental antisiria e a oposición encabezada polo movemento chiita Hezbollah acordaron hoxe pór fin á crise que nos últimos días provocou violencia no Líbano. O acordo contempla a iniciación en Doha dun 'diálogo nacional' para acordar a formación dun goberno de unidade nacional e unha nova lei electoral, informou o primeiro ministro de Qatar, Hamad bin Jasem ao Thani.

Reloxo 15.05.2008 | 23:42
TAGS: Libano , Hezbollah ,

O diálogo entre os sectores enfrontados continuará logo da elección do novo presidente, cargo que se atopa vacante desde novembro, informou a axencia Ansa.

Tamén acordaron retirar das rúas todas as armas e levantar os bloqueos, ata os que impiden os accesos ao aeroporto internacional e ao porto de Beirut.

Á súa vez, os partidos políticos comprométense a non usar máis as armas ou a violencia para obter resultados políticos.

No acordo ademais está incluída a consolidación da autoridade do estado en todas as rexións do país e "as súas relacións coas distintas organizacións" políticas.

Tras o anuncio do pacto, en Beirut empezou a remoción das barricadas ao longo das estradas cara ao aeroporto internacional da capital.

Camións e excavadoras de Hezbollah comezaron a retirar os bloqueos ata nas avenidas principais de Beirut logo de oito días de "desobediencia civil" impulsada pola oposición chiita contra o goberno do primeiro ministro prooccidental, Fuad Siniora.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil