PUBLICIDADE
Martes, 16 de marzo de 2010
Carlos Ares
'O galego é un idioma que vende no audiovisual'

Redacción .  Guionista e produtor, Carlos Ares (A Coruña 1966) é un dos coordinadores do Foro Academia Aberta 2008, organizado pola Academia Galega do Audiovisual, que se está a celebrar dentro do XIII Festival de Cine Internacional de Ourense. Baixo o lema 'A lingua fendida', o debate xira ao redor da presenza do galego no audiovisual.

Reloxo 15.10.2008 | 14:18

Carlos Ares Carlos Ares Cal é a realidade do galego no audiovisual?

Este ano hai en cartel 8 películas con versión orixinal en galego, unha cifra que non se acadaba nos últimos anos. Na xornada de onte do foro, dábanse cifras da película rodada en catalán máis vista no 2007. Acadou 37.000 espectadores. En Galiza, Pradolongo, de Ignacio Vilar, superou os 50.000 espectadores. Hai que ter en conta que Catalunya ten o dobre de habitantes que Galiza. É dicir, a situación estaba mal, pero empeza mellorar. O que temos que conseguir é que sexa habitual acadar 50.000 espectadores para unha película en galego. No que se refire a televisión, a TVG é a televisión autonómica que máis se ve no Estado e hai días que é líder de audiencia fronte ás cadeas estatais.

Até que punto condiciona o idioma?

Os cidadáns somos moi cómodos. Temos costume de ver as películas dobradas no Estado fronte ao que acontece en Portugal. É difícil colocar o cine en galego e chegan poucas películas francesas, vascas, catalás... Debería haber máis axudas para o subtitulado e a dobraxe pero tamén para a distribución, que é outro dos nosos grandes problemas.

Existe conciencia para os produtores de que o galego é importante ou para eles é máis ben un factor que dificulta ou facilita o financiamento e explotación da obra?

Hai de todo, pero polo xeral non existe moito cariño polo idioma por parte dos produtores.

Aféctalle o conflito da lingua aos profesionais da industria do cine?


Aféctalle, si, pero temos que comprender que o galego é unha lingua que vende cando nos referimos ao audiovisual, tanto no cine, como na televisión ou na publicidade.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río