PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
No conxunto do Estado xerará 274.000 empregos
O Fondo Local financiará máis de 2.000 proxectos en Galiza

Europa Press O Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local financiará no 2010 un total de 2.221 proxectos nos concellos galegos, cun orzamento superior aos 300 millóns de euros.

Reloxo 08.02.2010 | 17:04
TAGS: Fondo , local , proxectos , emprego ,

Exercicio ao aire libre nun parque público Exercicio ao aire libre nun parque público

Segundo os datos facilitados polo Ministerio de Política Territorial, entre os proxectos de investimento inclúese un total de 1.904, cunha partida orzamentaria de 275.482.875,29 euros.

Pola súa banda, no apartado de programas sociais, a Comunidade galega presentou 317 iniciativas, dotadas cun orzamento de 25.337.479,22 euros.

Os concellos españois presentaron un total de 30.620 proxectos para ser financiados este ano con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local. Segundo as previsións dos propios municipios, estes investimentos xerarán ao redor de 274.000 empregos directos.

O pasado xoves terminou o prazo concedido aos consistorios para presentar os seus proxectos de investimento con cargo ao novo fondo local, dotado cun total de 5.000 millóns de euros. Unha vez concluído este período de tres meses, son 8.105 concellos os que dirixiron as súas propostas ao Ministerio de Política Territorial e só nove os que non rexistraron ningunha solicitude.

Postos de traballo

A pesar de que o vicepresidente terceiro do Goberno e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, quixo ser "moi cauto", adiantou que as previsións son que este plan xere no 2010 ao redor de 274.000 postos de traballo. "Isto corresponde a once empregos directos por proxecto", avanzou.

Nesta ocasión, os municipios tiñan a posibilidade de destinar até o 20 por cento do investimento que lles correspondía a gasto social relacionado coa educación e a dependencia. En total, presentáronse 25.389 proxectos de investimento, cun montante de 4.248 millóns de euros, e outros 5.231 para gasto social, cuxa contía elevar a 737 millóns.

Tipos de proxecto

O Ministerio estabeleceu unha división dos proxectos de investimento entre os que xeran sustentabilidade económica, que supón o 30,93 por cento, aqueles de sustentabilidade ambiental (32,16 por cento), e os de sustentabilidade social (36,91 por cento).

No apartado económico, hai iniciativas relacionadas coas novas tecnoloxías, proxectos de innovación en materia de enerxías renovábeis e aforro enerxético e recuperación de espazos urbanos, mentres que en clave ambiental as iniciativas están orientadas a promover o aforro e un mellor uso da auga, a xestión sostíbel dos residuos ou o transporte limpo.

Ademais, en materia social fundamentalmente presentáronse proxectos de mellora ou construción de centros sanitarios, educativos, culturais ou sociais, ademais dos relacionados co gasto corrente dedicado a educación ou dependencia.

O Goberno decidiu manter o criterio da poboación para a repartición dos fondos entre os municipios, onde cada unha das obras non podía superar os cinco millóns de euros. Segundo os cálculos do Ministerio, cada proxecto contempla unha dotación media de 167.346 euros, mentres que o gasto social presenta unha media de 140.918 euros.

A Veiga, primeiro concello en facer a solicitude

Ademais, Chaves afirmou que o primeiro municipio en rexistrar a súa solicitude foi A Veiga (Ourense) e explicou que os últimos días de prazo houbo unha "acumulación" de proxectos. Neste prazo, o ministerio deu xa o visto e prace ao 26 por cento das iniciativas, o que permitirá que algunhas das obras comecen xa no mes de febreiro.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río