PUBLICIDADE
Xoves, 28 de agosto de 2008
Espectáculos e homenaxe a Colombaioni
O Festiclown marcha para Vigo

Redacción .  O Festival Internacional de Clown de Galicia, na súa novena edición, cambia de nome e de emprazamento: logo de nacer en Pontevedra no 2000, marchou para Compostela no 2003. Agora, este barco pirata cargado de pallasos e pallasas aporta en Vigo, co nome de Mundoclown, do 31 de xullo ao 3 de agosto.

Reloxo 03.07.2008 | 13:00

Cartel do Memorial Carlo Colombaioni Cartel do Memorial Carlo Colombaioni

Con espírito didáctico, pero, sobre todo, lúdico, o festival chega á cidade olívica con espectáculos e diversas propostas formativas: dende o 2001, a escola itinerante do Formaclown leva aprendéndolles aos pallasos e pallasas de Galiza e de fóra como facer rir. Desta volta, Philippe Gaulier, Jango Edwards, Claudia Contin, Ferruccio Merisi, Blanca del Barrio e Antón Valén impartirán obradoiros entre o 1 e o 3 de agosto. Amais, celebrarase o Memorial Carlo Colombaioni en homenaxe ao artista recentemente falecido.

Colombaioni foi padriño e aval internacional do Festiclown por todo o mundo, e axudou a formar e a dirrixir ás primeiras compañías estábeis de clown de Galiza coma Os Sete Magníficos máis Un. Aos dous meses do seu pasamento, unha gala repleta de actuacións e homenaxes lembrará a figura do artista italiano, e varios actos van ter presente a quen foi o introdutor do clown nos teatros, formado a milleiros de artistas e traballado con grandes das artes coma o caso de Federico Fellini.

En Lembranza a Carlo Colombaioni "o mellor clown moderno do mundo", segundo afirma o director artístico da proposta, Iván Prado, Vigo converterase, desde o 31 de xullo ao 3 de agosto, na escola do clown e o humor máis importante de Europa. Organizado pola tenencia de alcaldía e a Concellaría de Cultura e Animación Sociocultural do Concello de Vigo, este evento está patrocinado por Caixa Galicia e xestiónao Coper@ctiva cultural. Mundoclown Vigo 2008 "Memorial Carlo ColombaionI" servirá de edición ponte de cara ao Festival Internacional de Clown de Galicia do próximo ano, Festiclown09.

Coper@ctiva Cultural, a empresa que organiza este evento, confirma que se suspendeu a edición deste ano do Festiclown, que se celebraba en Compostela, e que este programa servirá coma ponte de cara á vindeira edición: Mundoclown ten como obxectivo mantener a calidade e o espírito do Festiclown cunha programación que inclúe algún dos apartados con máis éxito da proposta que tanto prendeu en Compostela. O equipo creador e organizador do Festiclown puxera en marcha o festival Mundoclown en dúas ocasións, Mundoclown 2003 (Pontevedra) e Mundiclown 2005 (Segovia).

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil