PUBLICIDADE
Sábado, 22 de novembro de 2008
Alfonso Portillo fuxira a México
O ex presidente de Guatemala líbrase da cadea

Redacción .  O ex presidente de Guatemala Alfonso Portillo foi extraditado desde México ao seu país, onde se declarou inocente dos cargos de corrupción e onde quedou libre baixo fianza.

Reloxo 08.10.2008 | 10:28

Alfonso Portillo Alfonso Portillo Alfonso Portillo saldou a primeira das contas coa xustiza, que o persegue dende hai catro anos. Con todo, librouse de ingresar na cadea xa que o xuíz considerou que non existe perigo de fuga. Por esta razón, resolveu deixalo en liberdade condicional previo pago dunha fianza de 130.000 dólares, mentres se segue o proceso na súa contra. O maxistrado desestimou así as peticións do fiscal contra a Corrupción, Omar Contreras, quen pediu a prisión preventiva do ex gobernante.

Portillo, que gobernou Guatemala entre o 2000 e o 2004, é acusado pola Fiscalía dos delitos de peculado, furto de caudais do Estado cometido por aquel a quen está confiada a súa administración, abuso de autoridade e subtracción duns 15,5 millóns de dólares durante o seu Goberno. Desde febreiro de 2004, cando se iniciou o proceso penal na súa contra, Portillo refuxiouse en México, e co apoio dun grupo de avogados dese país batallou para evitar a súa captura e extradición a Guatemala. O pasado 30 de xaneiro, a Suprema Corte de Xustiza da Nación (SCJN) de México rexeitou un recurso de amparo para evitar a súa extradición.

O proceso “foi montado artificialmente”

Nunha rolda de prensa tras coñecer a resolución, Portillo celebrou a decisión do xuíz e salientou que lle permitirá enfrontar con liberdade este proceso, que, segundo el, "foi montado artificialmente" na súa contra. Indicou, igualmente, que se sentía "moi satisfeito" e aproveitou o momento para agradecerlle ao pobo, a solidariedade e o apoio que lle deron durante os máis de catro anos de "persecución". "Conmoveume ver chorar a xente que está na rúa e iso convenceume: debo estar aquí e facer máis cousas polo pobo de Guatemala", apuntou.

Portillo manifestou que nunca negou que durante o seu Goberno houbesen actos de corrupción, pero aclarou que non protexeron "ninguén e moitos funcionarios foron a prisión". O político asegurou que unha coñecida familia do país, que non identificou, patrocinou a persecución na súa contra, pero aclarou que non ten "odio contra ninguén". "Perdoo até os que ofenderon a miña familia, porque non está en min odiar, sería un enfermo", dixo.

Agregou que, por agora, só pensa en terminar as súas memorias para que se publiquen en febreiro próximo e que non aspira a ningún cargo de elección popular, aínda que adiantou que traballará coa Fronte Republicana Guatemalteca, partido dirixido polo xeneral golpista José Efraín Ríos Montt, que o levou ao poder no 2000.

A resolución xudicial sostén que Portillo non poderá saír de Guatemala mentres a Fiscalía non conclúa a investigación na súa contra, que tomará polo menos seis meses, e terá que presentarse ao tribunal todos os meses en cumprimento do fallo do xuíz. Segundo a lexislación guatemalteca, o delito de peculado sanciónase como unha pena de tres a dez anos de prisión, e unha multa de 66 a 660 dólares.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
 
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil