PUBLICIDADE
Sábado, 22 de novembro de 2008
INICIATIVA NO CONGRESO
O Estado segue a usar topónimos deturpados nas webs

Redacción .  Portais como o da Seguridade Social ou o DNI electrónico seguen sen funcionar en galego. O deputado Francisco Jorquera esixe ao Estado que active a versión no idioma no país. Ademais, alerta que usan topónimos deturpados como 'La Coruña' ou 'El Ferrol'.

Reloxo 08.07.2008 | 14:02
TAGS: galego , internet , Jorquera , BNG , DNI ,

Toponimos deturpados na web da cita previa do DNI Toponimos deturpados na web da cita previa do DNI O deputado do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, presentou unha iniciativa na que reclama ao Goberno que active a versión en galego en diferentes páxinas web de Ministerios e corrixa “as deformacións da toponimia galega que aparecen nalgúns portais da Administración central do Estado”.

En concreto, Jorquera denuncia que a web da Seguridade Social dispón de fiestras de acceso ás diferentes linguas cooficiais pero só está activa para a portada, nada máis. “Se un usuario galego accede á pestana de lingua galega só aparece en galego a portada porque se quer entrar en cada unhas das opcións, trámites ou direccións, aparece un aviso de que a páxina non está activada no idioma elixido, co cal non ten outro remedio que efectuar a consulta en español”.

Normalizar a situación lingüística na Administración estatal en internet

A “ausencia da versión en lingua galega en distintos portais dependentes do Ministerio de Interior como o da policía, da garda civil, do DNI electrónico ou da cita previa para tramitar o DNI electrónico” é outro dos aspectos denunciados polo Bloque.

Outra cuestión que Jorquera denunciar é a vulneración da toponimia oficial galega como portal da Seguridade Social onde se utiliza “Orense” en lugar de Ourense, “Villalba” en lugar de Vilalba, ou “El Sagueiral” en lugar de “O Sagueiral”.

De igual xeito, tamén na web da cita previa para tramitar o DNI electrónico (www.citapreviadni.es) se incurre no uso deformado da toponimia galega: “La Coruña” por A Coruña, “El Ferrol” en vez de Ferrol, e “Villagarcía de Arosa” en lugar de Vilagarcía de Arousa.

Remitir a listaxe da toponimia oficial galega aos Ministerios

“Cando poderán os usuarios de Galiza realizar os seus trámites por internet e acceder ás informacións en lingua galega?”, pregunta o deputado do BNG.

O parlamentar nacionalista advirte ao Goberno da “reiteración constante desta situación de vulneración lingüística por parte da Administración central do Estado, que determinación ten o Goberno para rematar definitivamente co uso incorrecto a toponimia oficial de Galiza?, non sería pertinente que remitise a cada departamento a listaxe da toponimia oficial galega”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil