Redacción . A ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, Helena Espinosa, afirmou hoxe que, durante a Presidencia da Unión Europea, España tratará de 'convencer' os Estados membros e o Parlamento europeo para que a Política Agraria Común (PAC) 'continúe a partir do ano 2013'.
Espinosa, que participou onte na Coruña no primeiro foro de debate organizado pola Fundación Xeral da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) e a Fundación Bancaja cunha conferencia sobre 'Estratexia Ambiental ante a presidencia española da Unión Europea', considerou necesaria unha "defensa europea" da Política Agraria Común e avanzou que este será un dos obxectivos de España durante a súa presidencia.
Helena Espinosa.
Así mesmo, definiua agricultura e a gandería como un sector "estratéxico" e recordou que a principal industria de España é a agroalimentaria. Tamén destacou a súa contribución á creación de postos de traballo nun momento de crise.
Así, sinalou que, segundo os últimos datos da Seguridade Social, no sector agrario foron creados 74.000 empregos, "que é pouco, pero é xeración de emprego", apuntou en referencia á perda de postos de traballo noutros sectores.
Biodiversidade
Na súa intervención, a ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño fixou tamén como outro dos obxectivos da presidencia española a "preocupación" pola biodiversidade e recordou que en España se atopan 121 dos 226 tipos de hábitats recoñecidos como interese comunitario en Europa.
Respecto diso, sinalou que un dos obxectivos será "contribuír a estabelecer unha meta global sobre biodiversidade e participar na revisión do plan estratéxico sobre biodiversidade", explicou. Ademais, indicou que España tratará de integrar as políticas ambientais nas políticas
Descargar Tarifas