Perdeu nos penaltis ante o Sevilla
O Dépor xuvenil cae nos cuartos de final da Fase dos Campións
Redacción .
Despois dunha espectacular Liga regular, o Deportivo xuvenil caeu nos cuartos da fase final ante o Sevilla na quenda de penaltis tras empatar a dous goles e facer un gran partido.
06.05.2008 | 10:24
Os xuvenís do Dépor non tiveron sorte no seu primeiro encontro da chamada Fase de Campións, a fase final estatal da súa categoría, na que caeron nos cuartos de final ante o Sevilla. Os coruñeses, logo de remontar con toda xustiza un 2-0 en contra ante o Sevilla, caeron na quenda de penaltis logo de fallar dúas penas máximas.
O Dépor non puido contar cunha das súas estrelas, o internacional David Rochela, que quedou fose debido a unha sobrecarga muscular. Os goles foron anotados por Marcos Caridad e Luís Ángel, pero non foron suficientes para pasar a semifinais malia o bo xogo, polo que o Dépor quedou fóra despois dunha tempada espectacular.
O grande reto do xuvenil do Dépor agora é a Copa, onde xogará na primeira rolda contra a Real Sociedade. A ida será o 18 de maio en Donostia e a volta, unha semana máis tarde en Abegondo.