PUBLICIDADE
Domingo, 18 de maio de 2008
Recibe o Levante en Riazor
O Dépor busca Europa ante o pechacancelas

Redacción .  O conxunto coruñés mídese ao último clasificado nun encontro no que está obrigado a vencer por maior nivel e para manter as opcións continentais.

 06.05.2008 | 19:59

Juan Carlos Valerón
Juan Carlos Valerón

Coa intención de conservar o posto de Intertoto e non perder de vista as complicadas opcións de UEFA, o Deportivo enfróntase este mércores ao Levante (Riazor 20.00 PPV) nun encontro ante un conxunto descendido hai dúas xornadas (e condenado hai moitas máis) que, non obstante, mantén a dignidade en todas as súas actuacións, se ben todo o que non fose un triunfo local converteríase nunha enorme sorpresa.

Co equipo canso tras o traballo de contención de Zaragoza e a só dúas semanas do remate da Liga, os de Lotina manteñen a ilusión continental pero tamén empezan a notar os primeiros síntomas claros do esforzo da tempada. O adestrador decidiu dar descanso a Xisco -que si xogará contra o Atlético o domingo- e devolverá á titularidade a Bodipo, que afrontará a última proba para convencer á bancada. O resto do equipo será o habitual, coa dúbida de Lopo, que está na lista pero tamén podería ser reservado, deixándolle paso ao galego Adrián López. Coloccini superou as súas molestias e estará presente na busca da marca histórica de disputar todos os minutos da Liga

A gran novidade do Dépor estará no banquiño xa que Valerón regresa a unha convocatoria despois da rotura fibrilar que sufriu en Negreira. Tamén é posíbel que Guardado poda entrar na lista para o Calderón. A recta final da remontada branquiazul esixe a todos. E culminala co éxito de Europa pasa por vencer ao Levante no que sería o sexto triunfo consecutivo en Riazor. Pero antes hai que xogar.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264



Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
PDF  Descargar Tarifas


publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil