O
terceto coruñés integrado por Brais (voz e guitarra), Fran (baixo) e Iago (batería) segue a difundir o seu último disco,
Paraíso distante (
Falcatruada, 2007), cunha xira que os levará por toda Galiza e fará que, até maio, teñan cando menos unha actuación por semana. Sinalan que este é un momento de eferevescencia e de especial visibilidade para o grupo. Presentan, ademais, novo videoclip, elaborado por Mr. Misto Films coa dirección de Jairo Iglesias, para a canción "As cores do solpor".