PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Cédelle aos baleares a praza da Champions
O Depor encaixa unha derrota fronte ao Mallorca (2-0)

Redacción .  O Deportivo defraudou en Palma e non foi quen de amosar a faciana loitadora dos últimos encontros. A falta de agresividade custoulles aos homes de Lotina unha derrota por 2-0 fronte ao Mallorca nun partido no que o futbolista máis destacado do equipo galego foi Dani Aranzubía.

Reloxo 17.01.2010 | 22:56

Aranzubía, gardameta do Deportivo da Coruña Aranzubía, gardameta do Deportivo da Coruña

O Deportivo saltou ao Ono Estadi con demasiado respecto cara ao Mallorca. Mostra diso foi a posición do brasileiro Filipe Luís, que actuou pola banda esquerda, e non arriba como en partidos anteriores.

No primeiro tempo, o mellor home do conxunto coruñés foi con diferenza o porteiro, Dani Aranzubía, que salvou o equipo cando menos en cinco ocasións creadas por un Mallorca que soubo manexar o esférico. Malia que os baleares crearon moi bo xogo, non tiveron pegada. Julio Álvarez no minuto 10 estrelou un balón no pau, Borja Valero, no 18 e no 42, Mario Suárez, no minuto 28 e Aduriz no 38 topáronse cun Aranzubía soberbio.

Namentres, os homes de Lotina non souberon xogar co esférico. Así, a única ocasión clara na primeira parte creouna Adrián López cara ao minuto 20, pero o futbolista cruzou o disparo en exceso.

Os goles, no segundo tempo

O Mallorca marcou na primeira xogada do segundo tempo, aproveitando unha indecisión da defensa branquiazul. O Deportivo non encaixaba un gol desde había tres xornadas, e Mario Suárez rompeu a racha. Os coruñeses lanzáronse entón en busca do empate, pero catro minutos despois, era castigado, de novo, cun gran gol do uruguaio Gonzalo "Chori" Castro.

Lotina moveu ficha e reforzou o seu ataque con Bodipo e Iván Pérez, que substituíron a Laure e Juca. Porén, atopouse cun rival moi ben armado atrás. O Mallorca manexou moi ben os últimos minutos e a súa portería non pasou por ningún perigo, con excepción dun cabezazo desviado de Bodipo no minuto 87.

Con esta vitoria, o Mallorca selou a mellor primeira volta da súa historia, con nove triunfos consecutivos no Ono Estadi, que lle permiten recuperar un posto na Liga de Campións, precisamente, a costa do conxunto deportivista.

Ficha técnica

Mallorca: Aouate; Mattioni, Ramis, Nunes, Ayoze; Julio Álvarez, Martí (Pezzolano, 78'), Mario Suárez, Castro; Borja Valero (Bruno China, 88') e Aduriz (Keita, 83').

Deportivo: Aranzubía; Manuel Pablo, Diego Colotto, Lopo, Filipe Luís; Juan Rodríguez, Antonio Tomás (Juan Domínguez, 69'), Juca (Iván Pérez, 58'), Laure (Bodipo, 58'), Pablo Álvarez; Adrián López.

Goles: 1-0: Mario Suárez, 46', 2-0: "Chori" Castro, 52'.

Árbitro: Ramírez Domínguez (andaluz). Amoestou a Mattioni, Aduriz, por parte do Mallorca, e a  Colotto, Juca, Tomás e Juan Rodríguez, do Deportivo.

Asistencia: 13.000 espectadores no Ono Estadi.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río