PUBLICIDADE
Mércores, 10 de marzo de 2010
Afástase das semifinais da Copa
O Depor cae ante o Sevilla (0-3)

Redacción .  O Deportivo afástase do soño da Copa tras perder en Riazor por 0-3, no partido de ida dos cuartos de final disputado fronte ao Sevilla. A falta de ambición de Lotina, que formulou unha aliñación con cinco defensas, pon costa arriba a eliminatoria, xa que os coruñeses necesitan gañar por catro goles no Sánchez Pizjuán.

Reloxo 21.01.2010 | 07:30
TAGS: deportivo , copa , depor ,

Filipe Luís Filipe Luís. Paco Vilabarros

Os sevillanos saíron onte a polo partido en Riazor. En fronte, tiñan un Deportivo artellado nunha aliñación defensiva de máis que provocou que os homes de Lotina apenas fosen quen de saír da súa propia parcela. Así, os locais saltaron ao campo con cinco defensas, o que provocou que Bodipo tivese que baixar ao medio do campo para recibir balóns.

Os primeiros minutos de xogo convertéronse nun asedio dos sevillanos, que non lograban bater o muro coruñés. As maiores oportunidades para os hispalenses chegaban das botas de Renato. Foi á media hora de xogo cando o Sevilla abriu o marcador en Riazor e fíxoo cunha xogada que comezou na medular, desde onde os sevillanos sacaron un pase perfecto por riba da defensa local para que Negredo cabecease ao fondo da portería ante a saída en falso de Manu.

Tras o primeiro gol, o Depor tentou reaccionar. A única xogada de perigo foi de Juan Rodríguez, que mandou o esférico ao poste nun remate de cabeza. Namentres, Navas fornecía de balóns a Negredo e Capel na zona de ataque.

O Sevilla sentencia en dous minutos

Os homes de Lotina saíron o terreo de xogo amosando outra faciana no segundo tempo. Co canteirán Añón e con Valerón, os coruñeses presionaron arriba e buscaron o empate. Porén, en só dous minutos, o Depor perdeu o partido de ida. No 68' e no 70', os tantos de Renato e Navas deixaban sentenciado o partido. O brasileiro aproveitou unha excelente internada de Perotti para bater de cabeza, mentres que o Navas empurrou o balón logo de que Negredo o deixase só para marcar tras unha grande acción individual.

Logo de perder ante o Sevilla por terceira vez consecutiva, o Deportivo afástase do seu soño na Copa. Para pasar ás semifinais, os coruñeses terían que gañar por catro tantos a cero no partido de volta que se disputará no Sánchez Pizjuán.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río