PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
No traballo 'Identidade Nacional'
O CIS estuda os sentimentos nacionalistas

Redacción .  Un terceira parte da poboación de territorios estatais con dúas linguas oficiais descríbese como 'nacionalista' e son practicamente os mesmos que consideran España 'un estado' que os que pensan que é 'unha nación'.

Reloxo 22.06.2008 | 14:56

Siareiros da selección Siareiros da selección

O 33,2 por cento dos habitantes de Galiza, Cataluña, País Vasco, Comunidade Valenciana, Navarra, Andalucía e Baleares descríbese como bastante ou moi nacionalista, mentres que o 26,6 por cento se enmarca nun nivel baixo ou mínimo de nacionalismo, segundo un estudio do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) e a Universidade de Salamanca sobre a 'Identidade Nacional en España'.

Os devanditos datos forman parte dunha pregunta específica sobre o sentimento nacionalista que só se formulou aos residentes en comunidades con partidos nacionalistas, incluídos nunha enquisa que se acaba de facer pública.

A media desta pregunta bota un 5,12, sobre dez, unha nota que contrasta coa media que resulta das contestacións dos cidadáns do resto de comunidades cando se lles interroga sobre o seu sentimento rexionalista, que se sitúa no 6,11.

Por outro lado, a metade dos habitantes de Galiza, Cataluña, Comunidade Valenciana, Baleares, País Vasco e Navarra decláranse "máis ben castelánparlantes", un 16 por cento considérase "bilingüe" e tres de cada dez utilizan normalmente a lingua propia da súa comunidade.

A devandita enquisa elaborouse tomando como base 3.192 entrevistas persoais e domiciliarias realizadas en xaneiro de 2007. A maior parte fixéronse en Cataluña, a Comunidade Valenciana, o País Vasco e Madrid -unhas 600 en cada unha destas comunidades-, mentres que as restantes se realizaron no resto de España.

O estudio revela que a maioría dos que viven en comunidades bilingües -case nove de cada dez- entende a lingua propia dese territorio, un 72,7 por cento lea, un 64,9 a fala con fluidez e só a metade é capaz de escribir nesa lingua. Pola contra, hai un 10 por cento que confesa non a entender e un 34,4 por cento que non a fala de forma fluída.

O catalán, o galego e o euskera son consideradas "linguas españolas" por seis de cada dez entrevistados en todo o país, mentres que un 21,8 por cento se mostra en desacordo con esa afirmación e só concibe como lingua española o castelán. A isto engádese que o 88,6 por cento sostén que o español "é un elemento básico" a identidade dos españois.

A maior parte dos entrevistados -o 54 por cento- avala o actual modelo de Estado autonómico, aínda que dous de cada dez preferirían que as comunidades tivesen maior autonomía, un 11 por cento un Estado cun goberno central sen comunidades e un 7,7 por cento decántase por un Estado que recoñeza as comunidades a posibilidade de converterse en estados independentes.

En paralelo, o 83,3 por cento móstrase de acordo ou moi de acordo con que España debe manterse unida para garantir a igualdade entre todos cidadáns e a solidariedade entre as distintas comunidades. Non obstante, as porcentaxes aparecen igualados a preguntar se España é un Estado ou unha nación. Así, o 34,3 por cento comparte que España é un Estado e non unha nación, mentres que o 34 por cento se mostra en desacordo ou moi en desacordo con esta afirmación.

Nesta liña, tamén son maioría -sete de cada dez- os que cren que o carácter propio de país se manifesta en "episodios históricos" como "o Cid, os Reis Católicos e o descubrimento de América, entre outros". O mesmo acontece co catolicismo, ao que o 43 por cento considera "moi importante como parte da identidade española".

O CIS preguntou tamén sobre a posibilidade de que Cataluña, o País Vasco e Galiza teñan as súas propias seleccións deportivas se así o desexan os seus cidadáns, unha eventualidade coa que se mostra de acordo o 32 por cento dos sondeados, fronte ao 41,2 por cento que a rexeita.

Outra das preguntas da enquisa versa sobre o sentimento españolista, que os enquisados deben puntuar nunha escala do 1 ao 10, e que bota unha media de 6,72. Un 54,7 por cento colócase na galla de moito ou máximo nacionalismo, fronte ao 13 por cento que se sitúa no extremo contrario.

Tamén se pide opinión sobre o sentimento que esperta o himno e a bandeira nacional. Ao 60,7 por cento, o himno fainos sentir parte dunha comunidade da que sente orgulloso e ao 58,3 por cento a bandeira lles esperta algunha emoción. Pola contra, o 21,8 por cento identifícase pouco co himno e un 25 por cento non senten emoción ante a insignia nacional.

Ademais, a metade dos sondeados séntense tan español como da súa comunidade autónoma, un 17 por cento sente máis da súa comunidade que español, un 12,5 por cento máis español que da súa autonomía, un 8,9 por cento se sente só español e un 5,3 só da súa comunidade.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río