PUBLICIDADE
Luns, 12 de maio de 2008
Diego Costa marca os dous goles galegos
O Celta remóntalle ao Numancia na neve

Redacción .  Con dez homes, o Celta logrou vencer o líder en Soria. Diego Costa foi o home clave. O brasileiro marcou dos tantos, o segundo deles foi espectacular.

 23.03.2008 | 14:29

Diego Costa
Diego Costa. Miguel Núñez

 

O Celta volve á verea dos triunfos facendo o máis difícil: gañarlle ao líder da segunda na súa casa e xogando con dez homes. O Numancia tivo o partido na man durante a primeira parte pero un louco segundo tempo posibilitou a vitoria céltica cando máis difícil o tiña.
O frío intenso e o pésimo estado do céspede facía esperábel un encontro frouxo tecnicamente, entre dous equipos que comezaron o campionato cos mesmos obxectivos pero que a día de hoxe están en situacións moi diferentes. Os sorianos quixeron empezar o partido como líderes, demostrando a súa superioridade como equipo. E lográrono.
A pesar de que o Celta puido marcar nalgunha das ocasións que tivo no primeiro cuarto de hora, os encarnados acabaron impoñéndose grazas a un tanto do galego Xulio Álvarez, un dos máis destacados do partido. Álvarez marcou de falta directa cun forte disparo que se coou perto do poste, con Esteban algo descolocado.
Para entender como foi posíbel que o Celta acabase remontando un partido que tiña perdido no descanso hai que destacar un único xogador. Diego Costa entrou no intermedio por Rosada para darlle maior mordente ao equipo e o brasileiro cumpriu á perfección. No primeiro balón que tocou aproveitou un bo pase de Jesús Perera e marcou.
Co empate, o partido volveuse tolo. O técnico soriano, Gonzalo Arkonada, introduciu a Bolo no campo xusto antes de que o árbitro pasase a ser protagonista. Ceballos Silva no pitou un penalti claro de Beranger sobre Núñez. Só un minuto despois, Lequi poxa con Bolo por un balón e o colexiado pita pena máxima e expulsa por cartón vermello directo a Lequi.
Nese intre, a situación era horrorosa para os vigueses. Xulio Álvarez tivo a vitoria no pé pero acabou fallando, cun disparo que entre Esteban e o pau fuxiu da rede. No rexeitamento, Felipe Guréndez lanzou fóra.
O erro de Álvarez deixou os numantinos algo descolocados. Felipe Guréndez cometeu moitos erros e os vigueses decatáronse de que podían aspirar ao triunfo. O que máis creu na vitoria foi Diego Costa. O brasileiro tanto confiou en si mesmo que no minuto 79 arrancou unha xogada no medio do campo, desfíxose de todos os rivais que lle saíron ao paso e marcou con gran clase.
Con esta vitoria, o Celta queda a oito puntos do ascenso e o domingo que vén recibe o Spórting de Xixón, actualmente terceiro na táboa.

 

 
Ficha técnica
Numancia: Jacobo, Juanra, Beranger, Palacios, Boris, Nagore, Mario (Felipe Guréndez, 61'), Xulio Álvarez (Toché, 82'), Del Pino, Quero, Rafa Jordá (Bolo, 58').
Celta: Esteban, George Lucas, Rubén, Lequi, Agus, Vila, Rosada (Diego Costa, 46'), Núñez (Vitolo, 87'), Lago, Michu, Perera (Peña, 70').
Goles: 1-0: Xulio Álvarez, 28'. 1-1: Diego Costa, 46'. 1-2: Diego Costa, 79'.
Árbitro: Andrés Ceballos Silva (extremeño). Expulsou por cartón vermello a Lequi, do Celta, no minuto 62. Mostroulles cartóns amarelos a George Lucas, Vila, Núñez e Okkas, polo Celta, e a Boris e Nagore.
Asistencia: 10.000 espectadores en Los Pajaritos.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264



Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
PDF  Descargar Tarifas


publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil