PUBLICIDADE
Sábado, 22 de novembro de 2008
Brasileiro de 22 anos
O Celta reforza o mediocentro con Renán

Redacción .  O club vigués segue a reforzar o seu equipo a poucos días do comezo da tempada e agora volve mirar a Brasil para contratar a Renán, que xoga no pivote e ten só 22 anos.

Reloxo 28.08.2008 | 13:15
TAGS: Celta , Renán ,

Renán, xogador do Celta Renán, xogador do Celta

O Real Club Celta amplía a súa nómina de fichaxes para a próxima tempada, que comeza o sábado en Balaídos. O club acaba de pechar co Atlético Mineiro a cesión, cunha opción de compra, do prometedor centrocampista Renán Fernandes, quen acaba de cumprir 22 anos de idade. O medio centro defensivo, de 1,86 metros de altura e 82 quilos de peso, chegará a Vigo ao longo da xornada de mañá para someterse ao pertinente recoñecemento médico e, unha vez cumprimentado este trámite, ser presentado coa camiseta celeste e porse de inmediato ás ordes do técnico Pepe Murcia.

Renán (Batatais, 19-06-1986), quen dispón de pasaporte italiano, estivo fai unhas semanas a piques de chegar á máxima categoría do fútbol español, onde era seguido por varios equipos.

Coa contratación deste xogador, o Celta consolida o medio centro, onde existen certas dúbidas sobre o futuro de Borxa Oubiña, tanto a nivel deportivo como na superación das súas lesións.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil