PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
excelente primeira parte
O Celta mereceu máis ante o Atleti (1-1)

Redacción .  O Celta foi superior en moitos intres do partido fronte ao Atético de Madrid no Vicente Calderón. Os goles chegaron no primeiro tempo. Primeiro Trashorras para os galegos, pouco despois, Tiago para os madrileños.

Reloxo 22.01.2010 | 00:01

Roberto Trashorras celebra o gol fronte ao Atlético de Madrid Roberto Trashorras celebra o gol fronte ao Atlético de Madrid. Juan Medina/REUTERS

O adestrador do Celta, Eusebio Sacristán, foi fiel ao seu estilo e aos seus principios no Vicente Calderón. Xogaron habituais suplentes, caso do arbense Ioel, Vila ou Vasco Fernandes e a consigna foi desde o principio atacar, atacar e atacar.

Nos primeiros minutos, os galegos roubáronlle sempre o balón ao medio campo atlético, dirixido por un Tiago que debutaba como titular e Raúl García, moi opaco. Froito desa sorpresa, os vigueses entraron rapidamente na área. Nunha delas, Michu é claramente empurrado, sen que o árbitro Undiano Mallenco pitase o claro penalti. No minuto 4, Iago Aspas inventa unha xogada de cinema e Roberto Trashorras marca o primeiro gol. O de Rábade lanzouse a celebrar o tanto cos afeccionados celestes que se achegaran a Madrid.

Coa vantaxe no marcador, o Celta sufriu máis. O Atlético buscaba a Agüero e Simao, principais referencias en ataque dos atléticos pero Túñez sempre era máis rápido que os atacantes locais.

O gol do Atlético chegou nun córner. Tiago salta máis ca Lago, o vigués esaxera o contacto co portugués e dálle vía libre para que anote dun bonito disparo.

A pesar de que os atléticos poderían verse encirrados a darlle o tiro de graza aos vigueses, foilles imposíbel. Co 1-1 viviuse o mellor fútbol. Os dous equipos atacaban con claridade pero era o Celta o que protagonizaba máis boas oportunidades. Cada vez que o Celta atacaba facíao con tres ou catro homes. Dani Abalo, Iago Aspas e Trashorras estaban unha e outra vez complicándolles a vida a Domínguez e Perea.

Tras o descanso, o dominio celeste afianzouse até converterse o partido nun monólogo celeste. Nos primeiros minutos, os galegos dispuxeron de sobradas oportunidades para marcar o segundo gol. Trashorras de falta e Iago Aspas en dúas ocasións puxeron a proba a De Gea, o segundo porteiro atlético que acabou sendo un dos heroes da noite. As súas manoplas salvaron os branquivermellos de saír derrotados do seu campo.

Eusebio Sacristán pensou que o empate era un excelente resultado pensando na volta en Balaídos e reservou un pouco. Entraron dous mediocampistas de contención, Bustos e López Garai, e o xogo relaxouse un pouco. Aínda así, o Atlético non tivo ocasións até os últimos cinco minutos. Aínda así, o porteiro Ioel só tivo que intervir en momentos puntuais e sen ningún apuro.

O público do Calderón despediu os seus con apupos, sorprendido, seguramente, de que o Celta estea en segunda.

Ficha técnica

Atlético de Madrid: De Gea, Ujfalusi, Domínguez, Perea, Pernía (Valera, 52'), Raúl García (Camacho, 74'), Tiago, Simao (Forlán, 46'), Reyes, Jurado e Agüero.

Celta: Ioel, Vasco Fernandes, Túñez, Noguerol, Lago, Vila (Bustos, 74'), Michu (López Garai, 67'), Dani Abalo, Trashorras, Botelho (Joselu Sanmartín, 81') e Iago Aspas.

Goles: 0-1: Trashorras, 4'. 1-1: Tiago, 11'.

Árbitro: Undiano Mallenco (navarro). Amoestou a Vila, polo Celta, e a Ujfalusi, Perea, Raúl García, Tiago e Reyes.

Asistencia: 40.000 espectadores no Vicente Calderón.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río