PUBLICIDADE
Xoves, 28 de agosto de 2008
No Festival Grec’08
O CCG presenta en Barcelona o ‘Kiosko das almas perdidas’

Redacción .  O Centro Coreográfico Galego (CCG) exhibirá a súa produción 'Kiosko das almas perdidas' no marco do Festival Grec'08, que se celebra este fin de semana en Barcelona.

Reloxo 19.07.2008 | 11:00

Imaxe do Kiosco das almas perdidas Imaxe do Kiosco das almas perdidas Esta peza, dirixida polo coreógrafo catalán Roberto Oliván e con música en directo de Mercés Peón, entra así na recta final dunha extensa xira dentro e fóra de Galiza, que pechará o 25 de xullo na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.

As funcións en Barcelona desenvolveranse no Mercat de lles Flors, un dos espazos do Festival Grec, que celebra a súa trixésima segunda edición desde o 25 de xuño até o 2 de agosto.

O CCG iniciou o pasado mes de marzo a distribución de 'Kiosko das almas perdidas', espectáculo co que ata o momento visitou nove localidades galegas, A Coruña, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Santiago, Narón, Ferrol, Ourense e Carballo, e sete de fóra de Galiza, Xixón, Cádiz, Reus, Sevilla, Viseu, Ponferrada e Brgança. En total, a montaxe terá ofrecido 28 funcións ao finalizar esta xira de cinco meses.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil