PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Esta noite, ás 23.00, comeza o ciclo
O Castro de Vigo énchese de rebumbio con 34 concertos de 68 grupos musicais

Redacción .  Hoxe iníciase a sexta edición dos Castroconcertos, no Parque do Castro, en Vigo.

Reloxo 02.05.2008 | 10:43

Cartel dos Castroconcertos Cartel dos Castroconcertos O evento é parte do programa de ocio alternativo xuvenil da Concellería de Xuventude de Vigo, "Súbete ao Castro". Nesta edición dos Castroconcertos participan 68 grupos en 34 concertos, todos con entrada de balde, dende maio até setembro. A maior parte dos grupos son usuarios dos locais de ensaio do Concello de Vigo, e este programa ofrécelles un espazo para presentaren a súa creación.

Esta noite, no concerto inaugural da temporada, daranse a coñecer Track Asedio, Duke Sam, Sikeity, Dr. Valda, Dj B-neil, Dj Fabio e Antuán. Os estilos que se poderán escoitar ao longo do ciclo van do hip hop até o death metal, pasando pola música experimental ou o jazz. Esta edición, a cifra de concertos practicamente duplica as cinco anteriores, que contaban cunha media de 16 concertos por edición, 31 grupos participantes, e unha asistencia total de 5.719 persoas.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río