PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Por mor da folga dos traballadores de instalacións deportivas
O campionato galego de atletismo en pista cuberta dispútase ao aire libre

Redacción .  As pistas do Estadio Universitario de Elviña foron o escenario do Campionato Galego de Inverno, que tivo que disputarse ao aire libre por mor da folga do persoal nas instalacións do Pazo dos Deportes.

Reloxo 09.02.2010 | 10:37

Proba do Campionato galego de atletismo Proba do Campionato galego de atletismo. FGAtletismo.

 

A xornada transcorreu con normalidade e as probas resultaron interesantes, aínda que poucas marcas destacábeis. 
En homes o atleta da Ximnástica de Pontevedra Jean Marie Okutu, venceu con facilidade en lonxitude con 7,13 metros e en triplo salto con 14,35 metros. No lanzamento de peso a marca de 15,82 metros foi suficiente para que Víctor Galego se proclamase campión galego. 
En velocidade a vitoria nos 60 metros foi para o atleta do RCC, Miguel Gómez con 7s15c facendo segundo Maximiliano Rodríguez con 7s16c. Nos 200 metros o vencedor foi Samuel Paz do Narón con 22s50c e Toubes foi segundo con 22s86c. 
En 400 Henrique Prego do Riazor con 50s91c. e en altura, soamente Iván Valle con 1,92 metros pasou o listón por riba de 1,90 metros. A marca de Denis Galán nos 60 valos cun rexistro de 8s48c que lle supón marca mínima para o Campionato de España.
Atletismo feminino
En mulleres Lida Casal fíxose cos 60 e 200 con 8.01 e 25.88, en 800 Leticia Fernández con 2m16s01c. Nos 1500 metros non houbo enfrontamento entre Leticia e Sandra Mosquera e foi esta última quen cruzou a meta en primeira posición con 4m35s12c, sendo a súa compañeira de club Marta Fernández a vencedora en 3000 con 9m26s60c quen se impuxo con facilidade.
Os valos estiveron dominados por Virxinia Villar con 8s76c. No concurso , o triplo foi para Lucia Pérez do Atletismo Feminino Celta, con 11,62 metros e soamente un salto válido, sendo Leticia Gil con 5,38 metros a vencedora en lonxitude. Por último en peso a vencedora foi Mercedes de Santalo con 12,96 metros.

 

A xornada transcorreu con normalidade e as probas resultaron interesantes, aínda que con poucas marcas destacábeis. 
En homes o atleta da Ximnástica de Pontevedra Jean Marie Okutu, venceu con facilidade en lonxitude con 7,13 metros e en triplo salto con 14,35 metros. No lanzamento de peso a marca de 15,82 metros foi suficiente para que Víctor Galego se proclamase campión galego. 

En velocidade a vitoria nos 60 metros foi para o atleta do RCC, Miguel Gómez, con 7s15c facendo segundo Maximiliano Rodríguez, con 7s16c. Nos 200 metros o vencedor foi Samuel Paz, do Narón, con 22s50c, e Toubes foi segundo, con 22s86c. En 400, Henrique Prego, do Riazor, con 50s91c. e en altura, soamente Iván Valle con 1,92 metros pasou o listón por riba de 1,90 metros.A marca de Denis Galán nos 60 valos, cun rexistro de 8s48c,  suponlle a marca mínima para o Campionato de España.

Atletismo feminino

En mulleres Lidia Casal fíxose cos 60 e 200, con 8.01 e 25.88. En 800 Leticia Fernández, con 2m16s01c. Nos 1500 metros non houbo enfrontamento entre Leticia e Sandra Mosquera e foi esta última quen cruzou a meta en primeira posición con 4m35s12c. A súa compañeira de club, Marta Fernández, foi a vencedora en 3000 con 9m26s60c quen se impuxo con facilidade. Os valos estiveron dominados por Virxinia Villar, con 8s76c.

No concurso , o triplo foi para Lucia Pérez do Atletismo Feminino Celta, con 11,62 metros e soamente un salto válido, sendo Leticia Gil con 5,38 metros a vencedora en lonxitude. Por último en peso a vencedora foi Mercedes de Santalo con 12,96 metros.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río