PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
MANUEL VÁZQUEZ, LÍDER DO PSDEG OURENSÁN
'O BNG tentou impor a súas ideas á maioría'

Europa Press Elixido polo aparato do partido para suceder a Touriño, o conselleiro de Medio Ambiente aposta por manter os pactos co Bloque pero advirte que cómpre buscar o consenso antes de aplicar certas políticas.

Reloxo 22.03.2009 | 20:51

Manuel Vázquez, secretario xeral do PSdeG Manuel Vázquez, secretario xeral do PSdeG. AGN O candidato á secretaría xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, acusou hoxe ao BNG de "pretender impoñer a súa ideoloxía" á "maioría" dos galegos, aínda que apostou por manter os pactos municipais como "alternativa" ao PP en Galicia.

De acordo con Quintana

Nunha entrevista concedida á Cadena SER, o dirixente socialista considerou "positiva" a proposta do ex-voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, de "establecer un novo marco de relacións" entre socialistas e nacionalistas.

"O día que pase a tormenta veremos que todos temos culpa, quen cometeu o erro e quen o permitiu", explicou, e considerou que a xente "non entendeu" o que se fixo dende o Goberno galego.

"A fórmula será sentar e escoitarnos, porque o que poidamos sentir no BNG ou no PSOE non podemos aplicalo en políticas horizontais sen buscar o consenso", reflexionou.

Así, aínda que o ourensano admitiu que certas "experiencias de goberno" co BNG "saíron ben", defendeu que se deben tratar de "corrixir" os "erros" cometidos "ata agora".

“Cambio radical no partido”

Por outra banda, o socialista que comezou unha campaña para solicitar apoios co fin de suceder a Emilio Pérez Touriño na Secretaría Xeral do PSdeG tras a súa dimisión debido aos adversos resultados electorais avoga por "un cambio radical" no partido.

"Rematouse o tempo dos proxectos personalistas mentres eu tome a testemuña", sentenciou, e explicou que pretende construír un partido "máis pegado á rúa" e "sen visións faraónicas" afastadas dos cidadáns.

Contra as “visións faraónicas”

Asegura que o seu equipo xuntará a experiencia da actual directiva con xente nova que achegue novas ideas ao proxecto socialista. "No PSOE somos todos xente normal, non fai falta que veña alguén cunha visión faraónica, senón alguén que saiba os problemas que hai para conseguir un crédito, os problemas da vida, corren tempos para vivir moi pegados ao terreo", observou.

Ademais, entendeu que a sociedade espera "cambios" por parte dos políticos e mostrouse partidario de acudir ao "inmenso viveiro de homes e mulleres" co fin de que se "incorpore á dirección" xente con "pensamento novo e fresco". "Somos necesarios todos", insistiu.



Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río