PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
'O PP pretende eliminar o galego'
O BNG pregunta sobre o uso do galego nas oposicións

Redacción .  O portavoz do BNG en materia lingüística, Bieito Lobeira, presentou unha interpelación sobre o anuncio do presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, sobre a súa intención de 'facer retroceder a capacitación lingüística' en galego e eliminar as probas neste idioma nas oposicións.

Reloxo 28.04.2009 | 19:24

Imaxe dunhas oposicións en Silleda Imaxe dunhas oposicións en Silleda. AGN Segundo explicou Lobeira, a intención do presidente é a de "suprimir as escasas condicións de capacitación lingüística en galego nas probas e oposicións" que se realicen en Galiza, algo que, indicou, vai en contra dos estabelecido no artigo 33 da Lei de Función Pública de Galiza. En virtude desta normativa, estabelécese a obrigatoriedade de que "unha ou máis probas do proceso selectivo" se realicen "exclusivamente" en galego.

En opinión de Lobeira, "faise cada vez máis evidente que o obxectivo real da política lingüística que pretende implementar o Partido Popular é a eliminación da lingua galega" e "a anulación do dereito democrático do pobo galego ao uso do seu idioma".

Nesta liña, o portavoz nacionalista apuntou que "non é posíbel respectar o dereito a usar a lingua galega na administración se o funcionarado non é quen de prestar atención oral ou escrita nese mesmo idioma".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río