PUBLICIDADE
Mércores, 07 de xaneiro de 2009
Para que o aplique nesta lexislatura
O BNG pídelle ao Goberno un Estatuto Profesional dos Xornalistas

Redacción .  A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, vén de rexistrar unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que lle reclama ao Goberno que aprobe nesta lexislatura o Estatuto Profesional dos Xornalistas, 'un compromiso adquirido polo Presidente do Goberno hai moito tempo'.

Reloxo 02.12.2008 | 11:48

A deputada nacionalista Olaia Fernández Davila A deputada nacionalista Olaia Fernández Davila. XC Ao expor a súa iniciativa, a parlamentar do BNG salientou que o Estado español “é dos poucos da contorna europea que aínda non lexislou un Estatuto Profesional dos Xornalistas e unha normativa de dereitos laborais”.

Neste sentido, apuntou que se trata dun colectivo profesional sometido a unha gran precariedade laboral e profesional que “lonxe de mellorar, empeora a pasos axigantados. De aí a urxencia dunha lei que regule a actividade laboral dos informadores xa que a precariedade aféctalle a máis do 30 por cento”.

Peticións

Neste eido, a deputada nacionalista faise eco das demandas destes profesionais, que xustifican a necesidade dunha normativa reguladora sobre a base de garantir a liberdade de acceso ás fontes, a existencia de comités de redacción nos medios, regular o acceso á profesión, a preservación dos dereitos de autoría dos informadores, así como a creación dunha autoridade da información independente que lles asegure aos cidadáns o seu dereito a recibir información veraz, plural e completa. De aí que a deputada do BNG instase o Goberno a atender esta vella reivindicación e a facelo dentro desta lexislatura. 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
 
© 2009 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil