PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Eleccións europeas
O BNG opta pola coalición con ERC, Aralar e EA

Redacción .  A Executiva nacionalista acordou proporlle ao Consello Nacional da formación frontista que o BNG concorra ás eleccións ao Parlamento europeo en coalición con Esquerra Republicana de Catalunya, Aralar e Eusko Alkartasuna.

Reloxo 31.03.2009 | 21:22
TAGS: bng , erc , aralar , ea , eleccións , europeas , coalición ,

Consello Nacional do BNG Consello Nacional do BNG. Pepe Ferrín/AGN

Nun comunicado de prensa difundido polo BNG, a Executiva apunta a que "esta é a mellor das opcións que se presentan ante os nacionalistas galegos para instrumentar a súa participación nos comicios" europeos.

O Bloque aclarou que "o que hoxe propón a Executiva Nacional non vai en menoscabo do seu compromiso coa plataforma Galeuscat, que ten no redeseño do Estado español, e non tanto no escenario electoral, a súa verdadeira razón de ser".

Con todo e aínda que ratificou a "plena vixencia" dos contidos políticos de Galeuscat, o Bloque considerou que ir en coalición con esta plataforma "non garantía que o nacionalismo galego fose obter representación", razón pola que foi "desestimada".

Para o BNG, ter participación no Parlamento europeo cobra "especial relevancia" no actual contexto de crise económica para defender no ámbito comunitario "os intereses de Galiza como nación" e un modelo social e económico "claramente alternativo" ao que desenvolveu Bruxelas desde a configuración da Unión Europea.

O Consello Nacional, máximo órgano do BNG entre asembleas nacionais, valorará esta proposta na reunión plenaria que se celebrará o vindeiro sábado e na que tamén se sumarán a debate o documento político e o regulamento para a Asemblea Nacional do próximo 10 de maio.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río