PUBLICIDADE
Xoves, 28 de agosto de 2008
Non emprega ben a toponimia nin traduce as web
O BNG acusa á administración central de vulnerar o galego

Redacción .  O deputado do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, acusou á Administración do Estado de manter unha 'constante e reiterada vulneración lingüística' nas súas páxinas web porque en varias delas non se emprega a toponimia oficial galega nin se traducen os contidos a esta lingua.

Reloxo 07.08.2008 | 13:20

Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Congreso Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Congreso. AGN

Nunha pregunta ao Goberno presentado no Congreso, Jorquera fai fincapé en que a Administración central non emprega a toponimia “propia e oficial de Galiza”, utilizando por exemplo a forma 'La Coruña' en vez de 'A Coruña', nin traduce ao galego todos os contidos dos portais da Internet.

No caso da páxina da Seguridade Social, segundo Jorquera, a tradución ao galego limítase á portada e, para os contidos, “non hai outro remedio que utilizar a versión en español”. Na información en castelán, abonda o deputado galego, “incórrese nalgúns erros toponímicos” como 'Orense' en lugar de 'Ourense', 'Villalba' por 'Vilalba' ou 'El Salgueiral' por 'O Salgueiral'.

Francisco Jorquera asegura que a mesma situación dáse en varios portais da Internet que dependen do Ministerio do Interior, como o da Policía Nacional, a Garda Civil ou as páxinas que permiten tramitar o DNI electrónico. “Unha situación lingüística a estas alturas debería estar normalizada”, denuncia.

Jorquera esixe ao Executivo “determinación” para corrixir os errores e suxire que remita a cada departamento da Administración central a lista da toponimia oficial galega. “Sería de agradecer que o Goberno dese as oportunas instrucións a súa Adminitración”, conclúe o deputado do BNG.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil